Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Xogador da semana. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xogador da semana. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de febrero de 2012

Xogador da xornada (Negreira-Don Budi)

Imos a darllo outra vez ó Pulga, que parece que volta a ser o do principio de campaña.
Veña Pulgiña.........a ver si vai ser que co frio espabilas.......

domingo, 15 de enero de 2012

Xogador da semana xornada 16ª (Rosalía-Don Budi)

Esta semana imos deixar deserta esta honra, non porque non a mereza ningúen pero poida que esta vez o equipo merecera mais, ainda que non o conseguíu.Vámonola dar a todo o equipo.

jueves, 15 de diciembre de 2011

Xogador da semana (13ª xornada)

Día bastante gris en tono xeral o do equipo, esta semana vamos a darllo a Ernesto, que tamén repite.
A verdade e que o outro día fixo un gran partido e sobre todo puxo un pouquiño de orgullo, que quizás sexa o que mais votamos en falta.
Despois para redondear o día tamén o deixou todo no postpartido e na cea. Pena do resultado do Madrid, senón seguro que tería sido un día redondo pa el....................

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Xogador da semana (12ª Xornada)

Pois ainda que pareza mentira, vai a repetir Susito. Era visto que un diamante en bruto, bueno mais ben un diamante bruto, tiña que aparecer nun momento ou noutro.

Esta semana hattrik, quen o diría fai un mes..............., en fin se sumamos a boa actuación, cos tres  goles e co feito de que encontrou o equipaxe que perdera, e hasta algunha sudadera que nin sequera era del, a verdade e que foi un fin de semana redondo.

Esta temblando Cristiano, por si lle quita a bota de ouro..........

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Xogador da semana (11ª Xornada)

Bufffffffffffffffffffffffff, somos todos tan bos que...........

Bueno veña, esta semana imosllo dar a "Roi", leva xa uns partidos cun bo tono, pensamos que nos ten que dar moito mais, pero a verdade e que o outro día fixo un bo partido sacando incluso algún disparo de media distancia que ven merecía o gol, cousa a que non nos ten moi acostumados.

Comos sigamos así, para a semana vaino levar Tuñas..........

lunes, 21 de noviembre de 2011

Xogador da semana (10ª Xornada)

Hoxe vai a levar esa honra o Pibe, no partido deste sábado consegueu darlle un pouco de consistencia o medio do campo, dentro do tono mais ben gris do equipo.
E mais triste ser elixido nun partido coma este, no que si houbo moito traballo, pero no que non luceu.
Para mais no postpartido no Budi, sempre é un dos que mais rinde.......

domingo, 13 de noviembre de 2011

XOGADOR DA SEMANA (9ª Xornada)

Esta semana vamos a darlle esta honra a "Susito, por que tu lo vales.................", voltou a marcar por segunda semana consecutiva, e ademais fixo un moi bo partido, se non fora porque de vez en cando se lle dá por perder o uniforme, a cabeza, etc. sería case un xogador de fútbol............................

domingo, 6 de noviembre de 2011

Xogador da 8ª Xornada

Pois esta vez o suliñado vaia a ser "Pose", xa levaba a facer uns últimos partidos realmente vos, ademais esta semana sumouse o carro dos goleadores, a verdade e que o esperábamos. Que siga así. Tamén un puntiño para Diego, o Cuntis estase a acostumar a que os nosos centrales lle fagan presentes e hoxe non podía ser menos, na segunda volta xogaremos sen eles......

lunes, 31 de octubre de 2011

Xogador da semana 7ª Xornada

Esta semana tal honra vaina a levar "Urtubi", fixo un moi bo partido, posiblemente o mellor desta tempada, na primeira parte amosándose moi seguro atrás e con un par de arranques de xenio estilo Beckenbauer.
Como colofón a este impresionante partido, regalounos un mais deses xestos técnicos que atesora no golpeo de balón, e que finalmente dou lugar o empate.
Están analizando en Nike como poden contrarrestar ese tipo de golpeo sen que rompan as costuras dos balóns, por outra banda tamén ten moito mérito Roberto, que se atreveu a meter a cabeza con risco de ser arrancada. Ningún defensa do Ribadavia se atreveu a metela cabeza pero o seu entrenador non llo poido reprochar, non vimos aquí a xogarnos a vida.
A directiva do Budi vai a valorar o longo da semana se é aconsellable quitarlle ou non a unlla o balón.

Noraboa Urtubi


lunes, 24 de octubre de 2011

Xogador da semana

Imos instaurar esta nova entrada semanal, mais que nada para rirnos un pouco de todos nos.
Esta semana vámosllo dar a Neo, que sacou un par de mans salvadoras, pero ben o poidera levar Susito, o único home capaz de manter a tensión do partido ata o minuto 90 sexa quen sexa o rival.........