miércoles, 31 de agosto de 2011

Den onde vimos

Alá polo 30 de maio de 2009, nunha de tantas noites nas que "O Ruso" nos leva feito de anfitrión, daba comezo o que naquel intre era unha idea e que logo, o longo destes dous anos case e medio, foi collendo forma.
Aquel dia herdouse parte da historia dun clásico da Agrupación de Veteranos como era o "Barqueiro" de Negreira. Moita da xente que durante anos, por non decir décadas, foi parte daquel Barqueiro, dounos paso a outros que ainda que xa estábamos pola casa eramos os menos veteranos.
 Seguimos podendo contar ca compaña de algúns daqueles compoñentes mais "veteranos" do Barqueiro como "Tuñas", "Luisiño", "Fajín" e en menor medida "Chucho", que lle seguen a dar sentido a moitas das cousas que se viven nesto do fútbol veterano.
Pois iso, que tocaba cambio, moita xente nova e tamén novo patrocinador. Foi "Budiño" e o seu "Don Budi" quen nos botou unha man con esto dos patrocionios, sen os cales é moi complicado seguir adiante con estas iniciativas.
E xa que estábamos con tanto cambio, tamén tocou cambio de ubicación, viñémonos daquel mítico estadio de Ons, a onde de cando en vez voltamos para ver O Ruso, para o Municipal de Bertamiráns onde xa con esta será a terceira tempada.
Así empezou todo, xa case vai para tres anos e que sexa para moitos mais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario