lunes, 21 de noviembre de 2011

Crónica 10ª Xornada (Don Budi-Hnos.Couto)

Nesta liga de veteráns de Santiago hai equipos mellores e equipos peores, algúns que teñen nas súas filas xogadores desequilibrantes e outros que teñen moito que remar para sacar os partidos. O Budi é mais ben destes últimos, e cando as cousas non saen ou cando non se está acertado no traballo coma o sábado pasado, as cousas terminan por non sair.
O sábado errou o mister en algunha das propostas que fixo, errou a dianteira en varias definicións, errou o medio campo cedendo demasiado terreo o rival, errou a defensa concedendo dous goles na prolongación que nos costaron o partido e ata errou o porteiro para non desentoar, algo ó que estamos pouco acostumados.
Tampouco temos que ser catastrofistas, nin éramos extraordinarios a semana pasada gañando 0-6, nin somos o colmo esta semana perdendo 1-2. Pode que a sensación desta derrota sexa peor polo xeito no que se producíu, cando xa tiñamos tres puntos no peto, e tamén polo desacostumados que estamos a perder, xa facía dous meses que non o facíamos.

Foi unha tarde perfecta para o fútbol, na que nos presentábamos 17 compañeiros para enfrentarnos a un equipo dos chamados a estar arriba ó final de ano.
Couto empezou apretando arriba e con moita velocidade, a verdade e que nos costou entrar no partido, uns primeiros minutos nos que non tivemos chegadas claras, agás un libre directo de Luis que o porteiro non atallou e o pulga non foi quen de metelo rexeite na portería rival.
Froito deste dominio de Hermanos Couto, e mais pola presenza en campo contrario que polas chegadas claras, chegou nunha xogada aillada cun saque de banda, no que tras sacar rápido conseguen prantarse diante de José que se ve obrigado a facer penalti. Tivemos sorte desta volta e o lanzamento do penalti foise fora. 
Que eu recorde o día que xogamos con Ribadavia, o primeiro gol ven tamén dun saque de banda do rival no que lle deixamos facer. Temos que prestar maior atención a estas xogadas, que a priori non teñen perigo, pero nas que estamos a consentir moito, sobre todo os xogadores de banda.
A partir desa xogada importante, parece que nos sacudimos o medo e empezamos a chegar con claridade a campo contrario. preto da media hora de partido, Cambón, Primo e Sito enlazaron unha fermosa xogada que acabou co balón no fondo da portería contraria, a verdade e que o partido se nos poñía moi de cara para o que levabamos feito ata ese intre.
A partir dese momento, non fomos quen de aproveitar o feito de que Hermanos Couto se abreu mais e en lugar de sair ben a contra, cedemos moitos metros e saimos pouco.
Este feito fíxose mais claro ainda na segunda parte, na que Couto con mais corazón que fútbol foi pouco a pouco meténdonos na nosa área. Nos tampouco fomos quen de concretar algunha das escasas pero claras ocasións das que dispuxemos.
Nesta segunda parte tamén sufrimos un importante baixón físico, sobre todo algún xogador como Roberto, Pose ou Dani que tivo incluso que pedir o cambio a falta de 10 minutos.
Así chegamos ó minuto 89, ata o cal Couto ainda que dominara apenas conseguira tirar a portería, neste minuto nun balón longo deles, que a priori era sinxelo de despexar, queremos facer mais do que debemos e baixalo dentro do área, roubo de Couto e penalti en contra. Nesta ocasión non erraron e empate no marcador.
Este gol supuxo un mazazo grande no ánimo do equipo que traballara moito ata aquel momento, e noutra xogada por banda deles, na que volemos a deixar que fagan se apretarlles, despois dun bo centro acadan o 1-2 definitivo cun remate de cabeza, estando totalmente solos ata dous xogadores contrarios.
¡¡¡Quédache cara de parvo!!!, celebración moi "Efusiva".... de algún xogador contrario, etc. e orgullo doido, tres puntos voando cara a Boqueixón.

Despois desta autocrítica quero tamén deixar patente o feito no que varios xogadores rivales, se deixaron caer descaradamente no noso área durante o partido, sen recibir ningún tipo de advertencia por parte do colexiado (que polo demais tivo unha boa actuación) e se apuras ata o último penalti foi dubidoso tápado un pouco polo noso erro infantil.

Notas positivas:
  • Non se fixo un bo partido, e ainda así de non ser por un erro infantil en defensa no derradeiro minuto, houbéranse sacados os puntos, non houbo fútbol pero si moito traballo e tamén merece recoñecemento.
Notas negativas:
  • De tanto dicilo algunha vez acértase, non cerramos os partidos e patapún..., estiveron cerca de amargarnos os partidos Padín ou Roomel e finalmente pasou. Ainda gañando temos que ser quen de preocupar o rival e que este non se vaia arriba tan alegremente. Recuamos moito.
  • Moi preocupante o apartado físico, moi tocados Dani, Roberto ou Pose, fora Urtubi e Gago, e porriba no momento no que temos rivais mais complicados.
  • Temos que facer o que sabemos, se facemos o que non sabemos pasa o que pasou, o balón que lle cae a Diego normalmente pono en Bertamiráns e precisamente con Martín encima dáselle por baixalo, xa pasou contra Rivadavia no último minuto ainda que daquela Rivadavia non acertou......................buf................da a impresión que en ocasións non estamos.........
Conclusión:

  • Dende que acabou o partido non fixen outra cousa mais que desexar que chegue sábado, que esto xa pasou.

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario