domingo, 6 de noviembre de 2011

Crónica 8ª Xornada "Don Budi - Cuntis"

Apelando a épica do fútbol, fago esta crónica hoxe sábado 5 as 23:15 da noite dende un hotel a 100 metros do estadio de "El Sardinero", o cal lle da un pouquiño mais de énfais futbolístico.

E diredes vos, "¿Veu o partido por ppv?, ¿veu o partido por internet?" pois non señores moito mais fácil e con menos tecnoloxía. Chamas por teléfono a dous ou tres dos que xogaron, metes as opinións nunha batidora e zas......, crónica o canto.

Pois ó traballo. A priori presentábase un partido complicado pois o Cuntis é un de eses equipos que se nos da realmente mal.
Como xa é costumbre este ano, a resposta de todo o mundo foi excelente, estábamos presentes 18 xogadores, coas ausencias do mister que o tiñamos de vacacións e de Gago que segue de baixa.
No que respecta os previos do partido tocáballe preparar a contenda ó señor "director técnico", o cal indica que o nivel de charla psicológica e comedura de tarro foi mais o menos o mesmo que se estivera o "mister". Neste ámbito a verdade e que ambos raian a gran altura............................
Entramos ben no partido e nestes primeiros intres estivemos mais atinados que o Cuntis, e todos moi metidos no partido.
Nota relevante para Roi, que voltou marcar e xa é o 2º máximo goleador do equipo con "2" goles.
Con este gol pasou un pouco o de sempre, en lugar de darnos un pouquiño de tranquilidade, o que nos dou foi outro deses momentos nos que nos vamos do partido, e o control do mesmo pasou as mans do Cuntis que nos puxo en varios apuros. Nunha destas xogadas, nun exceso de confianza por parte dos nosos centrales chegou o gol do Cuntis, o que fixo que nos puxésemos mais nerviosos e que os problemas foran a mais. De aquí ata o descanso nada mais resaltable.
Na segunda parte voltou a voa actitude, vamos a propoñer os tempos mortos para o fútbol veterano porque con nos parece que funcionan. 
Decir que fomos amos e señores do partido soa un pouco a ir de "sobrados", pero a verdade e que o Cuntis na segunda parte so se dedicou a defender, e apenas pasou de medio campo.
Urtubi con pase en longo habilitaba a Susito que regateando ó porteiro e poñía o 2-1 no marcador, alegrámonos moito por el, o equipo precisa de goles sobretodo da xente que xoga arriba.
Esta vez non ocorreu como na primeira parte e o Cuntis xa non foi quen de levantarse deste segundo golpe. Seguimos sendo os amos do encontro e noutra xogada na que houbo un par de rexeites no área, Pose poñía o 3-1 que xa sería definivo.

Notas positivas:
  • A volta de xogadores como Cambón e Sito que xa facía moitos partidos que non podíamos contar con eles, e que nos alegramos moito que xa poidan estar de novo no campo.
  • Seguimos a encontrarnos seguros na casa, donde xa é o terceiro partido consecutivo que gañamos, e ademais o sexto consecutivo sen perder despois daquel mal comenzo.
  • A pesares da dificultade que temos para acadar goles, hai que resaltar que xa marcaron 10 compañeiros o cal tamén é valorable. Que todo o mundo se sume o carro, vainos a facer falta.
Notas negativas:
  • A verdade é que os puntos positivos están a ser mais que os negativos, pero ca intención de coller pequenos detalles que temos que mellorar, cabe dicir que temos que correxir eses intres nos que desaparecemos do partido, despois de facer moi bos comezos.
  • Xa postos a pedir, todos estamos a competir atope ata o final de cada partido, non viría mal saber cerrar algún partido un pouquiño antes e que todos nos poidésemos divertir mais no campo. E que isto último non vaia a parecer presunción que tampouco non nos sobra nada.
Estámonos acostumbrando a pechar as crónicas dando a noraboa o equipo, pois que iso non cambie, noraboa para todos e sábado mais, que despois temos que visitar ó "Ruso", que xa iba sendo hora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario