Como sempre vamos a ser críticos con nos mismos para empezar, penso que é a mellor forma de aprender. No que levamos de tempada, en moitos partidos sacáronse resultados facendo unha parte boa e outra mala, e en ocasións incluso menos dunha parte, poñámos o caso do partido contra o Universidade.
Por contra levamos dous partidos nos que, en un facendo 89 minutos de moito traballo e en outro 70 minutos de bo traballo, acabamos perdendo e neste último de forma estrepitosa.
É certo que os rivales foron de maior nivel, pero tamén é certo que xa fai moito tempo que somos un bo equipo ó que lle falta saber cerrar partidos e ser un pouquiño mais constante o longo dos mesmos.
Da nosa falta de gol non imos a falar hoxe, o sábado foi un partido mais no que se puxo de manifesto, pero para a miña impresión particular, fainos incluso mais dano as falta de concentración en momentos puntuales que nos costan os partidos, e que ademais impiden que poidamos dar outro saltiño mais como equipo.
Ramos pódeche gañar de mil formas, pero que dun saque de banda case en medio campo, che tiren o longueiro, ou que che marquen un gol de cabeza nun corner, sen nen sequera ter que saltar un xogador como Casuso....................., a verdade e que doe, para mais cando somos un equipo que nos corners nos deberíamos impoñer.
No referente o partido, vamos a darlle un repaso rápido. Moito toque de Ramos na primeira media hora, sen ningunha profundidade, roubamos catro ou cinco balóns, que deron lugar a ocasións moi claras que non soubemos finalizar. Despois de esto a verdade e que na primeira parte xogamos bastante cómodos e tamén durante os primeiros 20 minutos da segunda, donde realmente Ramos non nos superou en ningún momento, incluso Super estrelou un balón no pau.
Hasta ese intre, un partido moi traballado que non dera resultado en ataque pero que nos permitira non pasar apuros en defensa.
A partir de ahí, fallo nun corner que o fin nos costa o partido, iban mais ou menos 20 minutos da segunda parte e o equipo desfigurouse por completo.
E alarmante que nos marquen dese xeito por erros de concentración, pero é mais que xa nos deixemos ir concedendo goles como o terceiro, ou querendo sair regateando dentro do área cando imos 3-0 no marcador. Temos que ten un pouquiño mais de amor propio que os partidos duran 90 minutos, e este ano a Ribadavia levantáronselle dous goles en 5.
Non preoupa a falta de gol, nen sequera que nun partido puntual che poidan meter 4 goles, que eu non recordaba cando fora o último. O realmente preocupante e que en ocasións facemos cousas no campo como si estivésemos xogando unha pachanga na horta con catro amigos, e non, isto é a liga que é e temos que tomalo en serio, porque estas cousas crean costumbre e é moi bonito xogar e disfrutar no campo todos, pero ollo que si non se fan as cousas como se debe, non se disfruta e xa non é tan bonito.
Notas positivas:
- Os primeiros 70 minutos, nos cales impuxemos o noso estilo de xogo, ahí si fomos o Budi.
Notas negativas:
- A desgana no campo en algúns momentos, se non temos amor propio e aparece o pasotismo esto non funciona.
Como resumo decir que aquí equivocámonos todos, somos un equipo de 22 cracks, e cando o facemos ben tamén acertamos todos o que xoga e o que non xoga.
No que non podemos fallar e na cerveza de despois do partido e neso o outro día volveuse a cumplir, ahí si que non pode haber baixas.
Ata o sábado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario