domingo, 13 de noviembre de 2011

Crónica da 9ª Xornada Alm.Cancela Tordoia-Don budi

Tocaba visita a Tordoia, un dos recén ascendidos. Resaltar outra volta a asistencia da case totalidade dos xogadores da plantilla, ainda que tíñamos un dos desplazamentos mais largos da tempada.
Era a priori un deses partidos trampa, nos que se non empezas moi metido se che pode complicar, mais ainda polas reducidas dimensións do terreo de xogo. O equipo empezou a tope e non deixou ó Tordoia que inquietase a José nos primeiros minutos.
Para mais, ós poucos minutos nun saque de banda longo de Minuco, Susito peiteaba o balón que chegaba a Roberto xa dentro do área, quen despois de controlalo de costas marcaba un fermoso gol a reviravolta. Este gol deixaba un pouco tocado ó Tordoia, que pouco despois encaixaba o 2-0 nunha bonita cabezada de Susito a saida dun corner.
Despois deste gol cedemos un pouquiño de terreo ó Tordoia, que gozou dun par de ocasións que desbaratou José, como xa nos ten axostumados. Pasamos un deses pequenos baixóns que temos case todos os partidos. Sen embargo desta volta non foi a mais e perto da media hora Roi, tras unha fermosa xogada de todo o equipo poñía o 0-3 no marcador.
Así chegamos ó descanso. Na segunda parte a verdade e que disfrutamos de un partido sen moitos sobresaltos, que tampouco tivo moita mais historia, de novo Roi, Sito ,que se estreaba co Budi e Lolo poñían o definitivo 0-6 no tanteador.
O Tordoia non xogou un dos seus mellores partidos, e ainda que dispón de algún bo xogador, sobre todo en ataque, a verdade e que nunca estiveron metidos no encontro.
Notas positivas:
  • Outro partido mais imbatidos, seguimos a ser os menos goleados da categoría. Son esas cousas que son froito de moito traballo e moito tempo.
  • Por fin apareceron os goles, moi reseñable os dous de Roi que xa leva 4 e pasou a ser o máximo goleador do equipo.
  • Que conseguimos levar un partido cómodo de principio a fin, e todos disfrutamos no campo, cousa que botábamos de menos.
Notas negativas: 
  • A verdade e que non é un partido no que se poidan sacar conclusións negativas. Si acaso a previa ó partido que nos ofrecen sempre os irmáns Martínez, a partir de agora van a ter que cambiarse de últimos, e que sexan eles solos os que sufran as consecuencias dos seus "efluvios corporais", ¡¡¡¡¡que xente........!!!!!, ¿Que lle darán de comer na casa?.........

Como conclusión gustaríame destacar as boas vibracións que sigue a trasmitir o equipo dentro e fora do campo, e en partidos como este que agora se ven como doados, sale moi enchufado e así non se atopa con sorpresas. 
Noraboa outra vez a todos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario