miércoles, 9 de noviembre de 2011

INDIGNACION NO EQUIPO DIRECTIVO DO DON BUDI

Cando a directiva do Don Budi estaba realmente preocupada polo baixo rendemento  de algún dos seus xogadores, recibe a noticia de que sen o permiso do club estes mesmos xogadores están a disputar outros torneos, mostrando un rendemento sensiblemente mellor.
Ainda mais, cando vendo a falta de gol que estamos a sufrir, algún de estes compoñentes da plantilla ven de marcar un "hat trick" nestes "bolos" que está a disputar.
Sen ir mais lonxe despois de marcar tres goles o pasado luns, algúns diarios de tirada nacional facían mención a tal logro na sua portada con titulares coma este:



Sobran as palabras, o que non vai a permitir en ningún momento esta directiva, e que ningún compoñente da súa plantilla flirtee con terceiros equipos mentras teña contrato en vigor.

A partir de este intre ábrese un expediente disciplinario a este xogador, que esperemos non vaia mais alá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario