lunes, 12 de diciembre de 2011

Crónica 13ª Xornada B&B Fisioterapia-Don Budi

Moito frio, en Bembibre fai moito frio, e se é de noite mais. E cando non, fai moito calor, a verdade e que case nunca nos ven ben de todo.
Poida que aquí un que escribe estéa obsesionado ca intensidade e ca actitude, en campos coma o da Telleira un vaise ca idea de que da igual o sistema que plantexes, 5 atrás, 3 atrás, 4-4-2, as distancias son tan curtas e o partido é tan trabado que moitos destes sistemas acábanse solapando. O outro día empezamos con 5 atrás e acabamos con 3, e se o pensas ben o dibuxo éra exactamente o mesmo, solo depende da "actitude" ou da maneira de ver o fútbol desa xente que xoga na banda. En cando a intensidade o Dubra saeu gañador, en canto a actitude eu penso que tamén.
Despois de facer esta reflexión o partido non foi nin moito menos bo, pero ainda así houbo momentos nos que si se estuvo. Temos que pensar que xogamos contra os 4 primeiros e Ramos marcounos o 1 gol de corner, Ribadabia tamén de cabeza e o mesmo para o Dubra.
Antes de xogar con todos eles éramos os menos goleados, sobre todo éramos fortes a balón parado e é curioso que perdéramos eso, teremos que volver a empezar por ahí.

O sábado empezamos pouco metidos e eso neste campo é un problema, calquera balón longo do Dubra era un ocasión de gol, e certo que en ataque non estábamos mal de todo, pero defensivamente era xusto o contrario.
Todo o primeiro tempo desenrolouse así, xogadas de pouca eleboración do Dubra que nos creaban peligro, e por outra banda moitos problemas para xerar xogo de ataque pola nosa banda.
A caron do descanso, minuto 44 corner pasado do Dubra, Neo mide mal e 1-0, xusto ahí cando mais doe. Neste caso o descanso non veu mal, pois creo que se seguíramos xogando sería peor para nos.
No arranque da segunda parte xogamos os mellores minutos en ataque, conseguimos chegar en ocasións por banda, ainda que non en remates claros.
Evidentemente cando arriscas mais en ataque, sufres mais en defensa, nunha desta ocasións o Dubra soupo aproveitar a velocidade de Luis e puxo o 2-0 no marcador que xa sería definitivo.
Quedaban ainda 20 minutos pero as sensacións non estaban a ser boas, e finalmente non fomos quen de sacar nada positivo desta visita a Telleira.
Levamos 8 partidos con eles en 2 anos, conocémonos ben, e solo lle ganamos 1, se cabe o mais importante, ainda que neste caso non é consuelo ningún. Quédache sempre a impresión de que son mais "veteranos" ca nos, o outro día Cambón ou Roi levaron algún que outro recado, e nos a verdade e que non lle facemos "mal a ninguén", e esto último ben entendido. Cando xogamos en campos coma a Telleira, hai que rascar e senon saes rascado.

NOTAS POSITIVAS
  • Somos quintos nunha liga na que polo visto hasta ahora, debemos ser quintos.
  • En xeral o equipo está a sufrir problemas físicos e o parón do nadal vainos a vir ben.
NOTAS NEGATIVAS
  • Volvemos a encaixar a balón parado, faltamos tensión en momentos do partido eso temos que correxilo entre todos.
  • Algúns xogadores no Budi como se soe decir, nin están nin se lles espera, temos que ser críticos sobre todo cando pensamos que moitos de nos podemos dar mais.
A ver ahora o que lle decimos a Urtubi cando xoguemos co Dubra....................

No hay comentarios:

Publicar un comentario