lunes, 5 de diciembre de 2011

Crónica da 12ª Xornada "Don Budi-Recambios Arturo"

Chegou un pouco de tranquilidade despois de dous fins de semana de treboada, e a verdade e que nos facía falta voltar a sair contentos do campo.

Como xa víñamos decindo os últimos fins de semana, estamos tendo moitos problemas físicos, e eso nun equipo como o que temos, supón un problema. Ás baixas que xa estábamos tendo de Urtubi e Gago, sumáronse este fin de semana Roberto, Pose e Roi.
Si a esto engadimos algún desaparecido do que non sabemos nada o resultado e que éramos 14 xogadores, e tal e como andamos facíamos moita falta.
Pero a grandes problemas, grades solucións, voltamos a sarir moi enchufados cousa que é a tónica xeral na maioría dos partidos. Xa nos primeiro minutos tivemos algunha boa ocasión.
Recambios Arturo tamén reclamou un posible penalti por mans de Diego, pensamos que involuntarias ainda que de tela pitado o árbitro nos tería posto o partido moi costa arriba. Esta xogada e un remate ó pao nun despiste defensivo noso, foron o único bagaxe ofensivo de Arturo en toda a primeira parte, todo elo con 0-0 no marcador.
Como décíamos tivemos un bo arranque de partido, e salvo estas dúas xogadas ailladas, que mais que froito do xogo deles foron xeradas por despistes e erros nosos, o dominio foi bastante claro. 
Como recompensa ó bo traballo, sobre o minuto 20 Cambón habilita moi ben a Susito que por baixo pon o 1-0 no marcador, unha demostración mais do que si funciona, Cambón xogando na posición na que mais aporta e o noso dianteiro facendo de dianteiro, bo desmarque e perfecta definición. Destas xogadas temos que ir copiando para o futuro que cando temos o balón mais as cousas saen.

Se o dominio xa era grande, a partir de ahí foi ainda mais, moita presenza no área contraria e pouco despois caelle a Susito outro balón na frontal, o seu disparo pega nun defensa contrario e fai unha vaselina imposible para o porteiro, 2-0. Gol con suerte sen dubida, ¿pero cantas veces temos falado de que chegamos ben pero non acabamos as xogadas con tiro a porta?, temos que atrevernos mais..........
Pouco despois e despois dunha gran asistencia de Minuco dende case 40 metros, Susito poñía de cabeza o 3-0 definitivo no marcador. Si podédelo crer Susito hattrik, e polo visto neste primeiro tempo poideron ser mais, esta semana atopou o seu uniforme, ¿¿¿¿¿¿ a ver si o 8 de Lemos lle facía tocar de mais o balón e por eso non funcionaba ?????????.

Despois desto, a segunda parte sobrou totalmente, a impresión deste que escribe, e que sabemos facer certas cousas e cada quen fainas mais ou menos ben a sua maneira. Cando tentamos facer outras, ou mais ben cando nos obligamos a facer outras a contra gusto, a realidade e que non nos acaban de sair. 
Se digo que Recambios Arturo tivo 5 ou seis ocasións clarísimas de gol na segunda parte, non esaxero nada, a renda era importante no marcador pero estas cousas crean costumbre.........

Ó fin 3-0.
Notas positivas:
  •  Bo comenzo de partido con xogo e ocasións, xa levamos varios partidos empezando moi ben, que siga.
  • Temos un dianteiro que marca goles, é botávamolo moito de menos.
  • Pouca xente pero outra vez moito traballo, nun partido moi importante, víñamos de perder dous seguidos e a semana que ven visitamos a Telleira, facían moita falta os puntos.
Notas negativas:
  •  A hora da chegada e as ausencias, cando quedamos a unha hora e para quedar todos, se non falamos e vimos vestidos da casa. Ademais a xente que non poida vir que avise. Esta semana Sito non apareceu, xa falamos a principios de tempada que o que non avise, a semana que ven non xoga. De todos os xeitos a semana que ven voltaremos a falar disto. 
  • As segundas partes, ou os tramos finais, voltou a pasar esta semana, vamos a pensar que o resultado levaba a iso, pero nos tramos finais dos partidos xa nos pasou as dúas semanas anteriores, sen ánimo de menospreciar ó rival, esta semana non era Couto nin Ramos senón outo galo cantaría.
Como conclusión, partido importante polo momento no que era e gañouse, noraboa para o equipo e en especial para os que estábamos, ó fin de tempada estas cousas serán as que queden e as que nos den o posto que merecemos.

Deica o sábado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario