Decían estes días que o gabinete de prensa estaba a ser moi duro ca plantilla, e xa sabedes o poder que ten a prensa neste país....., de momento temos menos visitas que marca ou as, pero tempo ó tempo.
Bueno ó que vamos, 1º partido da segunda volta e fai 15 o Rosalía deunos un pequeno susto en Bertamiráns, non iba ser fácil, aparentemente polo que apunta a clasificación toto apuntaba o contrario, pero o Rosalía é un bo equipo, mais do que apunta os puntos que teñen.
Moito frío, campo en perfectas condicións, dous vos equipos e boa previsión de fútbol e como colofón un árbitro de outra galaxia.....
Empezouse ben, con moita intensidade e non tardaron en chegar as oportunidades, unha delas deu pe a unha falta que Gago executou de forma maxistral....: distancia=23m, velocidade do disparo= 4 ou 5 km/hora, porteiro=amigo, resultado=GOL.
É curioso que non marcáramos nestes últimos anos goles de falta e este ano levemos dous, os dous de Gago e os dous co conlaboración do porteiro, o mellor vai a ser cuestión de tirar por dentro....
Neste caso Gago tirou o lado do porteiro, creo que botou varias veces antes de chegar a portería, o porteiro estaba alí, e non foi quen de collela, vamos a bautizar a este tipo de lanzamento como "a bailarina", temos que comentalo con Cristiano Ronaldo, se conseguira facelo el, seguro que sairía en todos os periódicos. Da igual como o fagas o porteiro non vai ser capaz de collelo.
Encarrillado o partido, a partir de ahí mais ocasións que non conseguimos concretar e noutro regalo defensivo, como xa nos ven pasado nos últimos partidos empate do Rosalía. Non fomos quen de cerrar o partido e costounos o empate.
Tras o gol do empate o partido non foi de ningúen durante moitos minutos, o Rosalía chegou mellor nos primeiros 25 minutos da segunda parte, e os últimos 20 da segunda parte totalmente nosos nos que poidemos volver a levarnos o partido pero non demos concretado.
En canto ó árbitro, mais alá de que beneficiara a uns ou outros, sigue sendo incrible que alguén como "Montero", e vamos a decilo con todas as letras, siga arbitrando ca cantidade de xente que o fai ben e a que non se lle da oportunidade, creo que é unha cuestión que temos que plantear na Agrupación. A actitude ca que pita, a provococación continua, chulería, etc....
Vamos ó noso:
Notas positivas:
- Creo que éramos 16 xogadores vestidos para xogar, ademais Lemos e Roberto dende fora, xunto coa xente que sempre nos acompaña, Chucho, Tuñas, etc., despois no Budi case todos ademais de Seoane e señora que tamén apareceron, en resumo que esto vale moito mais que calquera resultado.
- Seguimos sumando e eso está sendo o noso gran mérito, 29 non son doados.
Notas negativas:
- As concesións defensivas, que nos persiguen sábado a sábado, e que nos fan moita mella moralmente, e na nosa confianza.
En resumo que se sacou un punto, nun partido que se podía gañar, pero que non nos engañemos, non era doado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario