Cepelo, poucos grados..., menos mal que é pequeno e o estar mais xuntos lévase mellor....
O partido presentábase con moitas baixas, estamos nun periodo de problemas físicos e algún que outro psiquico tamén, total que entre sancionados e lesionados éramos 14 xogadores.
Se alguén no tiña claro de que iba esto da liga de veteranos, tocaba outra dose de fútbol intenso, con calidade ou sen ela pero intenso, sen permitir despistes.
Arrancouse ben o partido, metidos no mesmo e como se prevía de lado a lado, xa se sabe que en Cepelo un mal despexe é un pase de gol na outra portería e neso estábamos. Algunha chegada do Negreira, algunha chegada nosa, cando a eso dos 15 minutos nunha boa convinación entre Pulgiña, que todo sexa dito volveu facer un moi bo partido, e Cambón habilitaban a Primo, quen aproveitando a sua velocidade plantábase diante da porta rival e batía por baixo ó porteiro do Negreira.
Neste tramo de partido, Primo foi un incordio para a defensa do Negreira, mágoa non ter sacado mais partido.
Xa se sabe que neste tipo de campos é moi complicado manter a portería a cero, dadas as súas dimensións calquera erro en defensa convertese nunha ocasión de gol, e mediada a primeira parte nun pequeno desaxuste defensivo o Negreira acadaba o empate nun bo disparo ante o que na poido facer José.
Fíxose unha boa primeira parte, ainda que non se acadou ventaxa ó descanso.
Na segunda mais do mesmo, voltamos a sair metidos no partido, e pouco a pouco fomos facéndonos co dominio, ainda que non moi claro. Noutra voa combinación en ataque Sito, que volvía ó equipo despois de varios meses, plantábase diante do porteiro rival e despois dun lanzamento que rexeitou este, acadaba o 1-2 que nos volvía poñer en ventaxa.
Ata aquí moi ben, despois deste gol, parece que volvemos a conceder moito, xa disputamos menos, xa non collemos ben, e fomos cedendo metros. Moi perigoso pois o Negreira é un equipo que sabe meter o pe, e que sabe empuxar. E pasou outra vez, non apretamos ben na frontal e cun disparo que en principio non parecía perigoso, tocou en Diego e descolocaba a José, transformándose no que sería o 2-2 definitivo.
Faltaban 20 minutos, e volvemos a ter un pouco o balón, pero xa nos costou mais, ainda así non conseguimos dominar con claridade. De aquí o final tivemos dúas ocasión clarísimas, unha co porteiro no chan que coa sua clase habitual........Roi botaba fora, e outra na que Cambón se plantaba diante do porteiro pero non era quen de batelo.
Tamén decir que José sacaba unha man na escadra a un lanzamento de falta de Mario, que tiña moi malas intencións.
Notas positivas:
- O regreso de Pulgiña e Sito, que foron do mellor do partido, o primeiro volveu ser o de principio de tempada, peleandoas todas e xogando para o equipo, e o segundo que se nota falto de partidos, pero facendo un gol, que tamén o botábamos en falta.
- Volvemos a pelear os partidos, ben é certo que sempre fomos por diante, pero non era un campo doado, temos que ir pouco a pouco ata ter a seguridade de algúns momentos da primeira volta.
Notas negativas:
- Vamos a dedicarlle un capítulo os árbitros, vaia por diante que non tivo influencia no resultado, por evitar suspicacias. Cando o señor "Lito" se dea de conta de que o reglamento é o que é, e non que o ten que interpretar, igual chega a ser un arbitro. Que intente explicar que interceptar un balón coa man con intención de facelo, non é tarxeta ainda que sexa a segunda. E que despois lle saque tarxeta a Cambón por sacar un falta rápido, cando ten a un xogador contrario a medio metro sabendo de sobra que non pode estar a esa distancia......., ou que lle saque tarxeta a Roberto por sacar unha falta mentras el apuntaba unha tarxeta, cando nos en ningún momento pedíramos distancia de barrera, e sacamos sen saber se iba sacar tarxeta ou non.....De verdade é mellor que pide o que hai, se aquí fomos todos a mesma universidade, a mesma que foi el cando estaba no Urdilde fai anos, e o reglamento sabémolo todos igual de ben.
- En fin, supoño que será "predicar en el desierto".
Pois en resumen, que poidemos gañar, que poidemos perder, o empate é bastante xusto ainda que neste caso penso que nos merecemos un pouco mais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario