miércoles, 28 de marzo de 2012

Crónica do Don Budi-B&B (Copa)

Partido distinto, se supón que os partidos de copa son distintos, fai agora case un ano xogabamos as semifinais de copa tamén co B&B Fisioterapia, e como cambiaron as circunstancias, naquel momento eramos dous equipos que aspirábamos a case todo, agora en oitavos de final atopábamonos dous equipos con moitas baixas e moi mermados no aspecto físico.
De todos os xeitos presentábase tamén un partido igualado, e nese sentido non defraudou a ninguén.
Empezamos coma sempre concedendo un goliño o contrario para que non se sinta extrano fora da casa, pero cuiosamente a partires de ahí xogamos moito mellor, nestes intres gañamos o medio do campo e fixémonos dominadores do partido.
Froito dese dominio e logo dunha boa xogada combinativa, Cambón facía o empate cun fermoso disparo dende a frontal do área, ante o que nada poido facer "Chu".
Este gol ainda nos dou mais folgos, seguimos a ser donos do partido, e pouco despois nun saque de banda o mais puro estilo do "Tapia", Susito gañaba por alto a defensa contraria e poñía o 2-1 no marcador, que polo visto ata o de agora era moi xusto.
Logo deste segundo gol seguimos tendo algunha ocasión bastante clara que nos poido aumentar a ventaxa no tanteador, pero non fomos capaces de volver a marcar. Pola contra sufrimos a lesión de "Pibe", que ainda que naquel momento tiña moi mala pinta, esperamos que non vaia a mais e en dúas ou tres semanas poida voltar con nos.

As baixas de Roberto e Pose sumábase agora Pibe, e facía que na zona de medio campo quedaras un pouco tocada, e o que restaba de encontro terían que ser Cambón e Gago coa axuda de Super os que se fixeran cargo.

Así chegamos o descanso do encontro sen moita mais historia, sen pasar demasiados apuros en defensa, e facendo unha boa primeira parte.

Despois do descanso o panorama cambiou abondo, o Dubra fíxose con control do partido, gañando os segundos balóns, e coa presenza de Loio arriba creounos mais problemas. Así mais ou menos ós 15 minutos e nunha perda na salida de balón, o Dubra acadaba o 2-2.
Agora o resultado xa non era tan bo, e as sensacións tampouco. No medio do campo quedábannos poucas forzas, e o Dubra cun xogo directo estaba a facernos dano. Perto da media hora, Loio collía outro balón na frontal e despois dun par de caneos facía o 2-3 cun disparo ca esquerda, ante o que nada poido facer José.

Quedaban 15 minutos, e durante este tempo con mais corazón que cabeza tentamos facer perigo en ataque, ainda que os froitos non estaban a ser os esperados. En banda dereita Primo tentabao, pero acusaba o mes que levaba parado, e o resto do equipo xa empezaba a acusar tamén os 80 minutos de encontro, incluso Seoane que por banda esquerda se cansou de facer kilómetros.

Ainda así nun balón en profundidade metido por Primo, Loliño acadaba o 3-3 que sería definitivo cruzando o balón, nunha situación difícil, na que tiña pouco ángulo.

Así chegábamos o final do partido, e agora agardábannos os penaltis, xa sabedes nestes casos aparecen os tópicos, "son unha lotería", "so os falla quen os tira", bla bla bla. A verdade e que como xa nos pasara o ano pasado na final de copa, tiramos dous lanzamentos fora, e ainda que Jose estivo acertado parando un e a piques de parar un par deles mais, non poido ser e voltamos a quedar eliminados.
Será que nos poñemos nerviosos, que non os sabemos tirar, non sei pero está visto que non son o noso.

Notas positivas:
  •   O equipo a pesares das baixas, deixou todo no campo e en todo momento tuvo opcións de clasificarse.
  • A verdade e que non é consuelo ningún, pero a ver si agora que imos ter mais descanso, podemos recuperar xente porque andamos moi xustos.
Notas negativas:
  • Volvemos a dar moitas facilidades defensivas, están a crearnos perigo sen nada, e despois a nos cóstanos un mundo levantar os partidos.
  • As lesións, cada partido perdemos un xogador, supoño que isto vai por rachas, esperemos que a nosa xa se acabara.
En definitiva, felicitar o B&B Fisioterapia pola clasificación, e tamén a todos nos porque ainda que a tempada na copa foi efímera, mais ainda co precedente do o ano pasado, tamén a sorte é importante para este tipo de competicións, e supoño que neste caso nos precisábamos de algunha mais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario