Decía un xeneral américano nunha batalla perdida, que el non fora alí para pelear contra os elementos, pois o mesmiño nos pasou a nos o sábado, marchamos de Bertamiráns con sol e chegamos a Boiro chovendo a chuzos. En fin mozos, que vai sendo hora de aparcar o bañador e empezar a correr, porque nos está collendo a chuvia.
O fin toca animarse, porque ainda que non estivemos todo o acertados que deberamos, polo menos crearonse ocasións, xa entrarán.
Por certo, unha das nosas incorporacións este ano "GAGO", estreouse como goleador, cousa que require de mención, unha porque marcaramos de falta directa cousa pouco habitual en nos e outra porque o van a chamar de "Castrol" para facerlle un reportaxe tipo Cristiano Ronaldo, porque ¡Que maneira de partir o balón! e sobre todo que amigo debía de ser do porteiro.........

Tema a parte para o señor colexiado, que ainda que aquí pareza que nos queixamos porque perdemos e supoño que algo ten que ver, de todos os xeitos o do outro día foi preocupante. Xa non polos erros, que os témos todos, pero si pola actitude cara ós xogadores, tanto do Budi como do Muebles Guadalupe, provocando ós xogadores en todo momento. Preocupanse mais de que quitémolos aneis e os pendientes que de arbitrar, e temos que recordarlles que nesto dos veteranos os únicos que cobran son eles, que os demais mais ben pagamos e poñemos da nosa parte para que todo esto funcione.
Temos que colaborar todos no campo, xustamente eso, todos os 23.
Un saudiño a todos e a seguir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario