martes, 4 de octubre de 2011

Crónica do Don Budi - Negreira

Bos días:

Hoxe xa se fala con outra alegría, costou pero chegou a primeira victoria. O que é o fútbol levamos os mesmos puntos que o ano pasado na terceira xornada.
En fin que tíñamos un partido de urxencias tanto para o Negreira como para nos, esta vez pasou algo fundamental que botábamos en falta, que fomos sempre por diante no marcador. 

Tivemos varias baixas e sen embargo a actitude foi moi boa durante todo o partido, chegaron as ocasións e chegaron os goles que boa falta nos facían.

A nota relevante do día foron os tres goles de Cambón que se estreaba co Budi, e de que maneira, ¿quen quería un dianteiro?..............levou para a casa un balón de "Bob esponja" firmado por todos, se mete outros tres sábado dámolle un de verdade.


Bo partido do equipo en xeral e unha mención especial para "pulgiña", que fixo un moi bo partido, ainda que a el as veces se non ve portería parecelle que non é así. Neste caso o beneficiado foi o equipo.

Noraboa para todos que xa estamos no camiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario