domingo, 9 de octubre de 2011

Crónica do Universidade-Don Budi

Poderíase decir "agónica e inmerecida victoria" e seguro que non nos equivocábamos moito. Creo que o londo do partido o Universidade mereceu mais, pero ó igual que nos pasa a nos en moitos partidos, perdoamos e acabámolo pagando.
Seguimos ca plaga de lesións, parecemos o pupas, de seguir así imos ter que botar man dos xuvenís. Esta vez foi Cambón, que viña de meter tres goles a semana pasada e esta durou un cuarto de hora no campo.
En fin que estamos baixo mínimos e iso tamén se nota nos partidos. Este sábado o universidade supo xogarnos e creou varias ocasións claras que non superon finalizar. Ó final os nosos zurdos tomaron as rendas do partido, primerio foi Minuco cunha tremenda volea, pensase que o balón caeu fora da parroquia de San Xoan de Calo, segue aberto o dispisitivo de busqueda. 
Pouco despois foi o Pibe, que a falta de 15 minutos e querendo emular a Minuco colleu outra volea, esta de difícil descripción, supoño que de folla seca facendo honor a época do ano, bueno...........mais ben "rara", e foi o porteiro do Universidade quen nos botou unha man ou as dúas, non sendo quen de agarrar o balón supoñendo ó fin os tres puntos para o noso casilleiro.
Sexamos sinceiros, que marque Gago nada mais estrearse co Budi e estraño, que meta tres goles nun partido Cambón ainda mais, pero que teña que resolver os partidos o Pibe.................................................................., xa o decía "Petaca", este chaval ten madeira de dianteiro.

Deixándonos de coñas, floxo mais ben moi floxo, a ver si ó ir recuperando a xente que está lesionada imos entonando. Costanos moito, xa non marcar senon xogar, pero de todos os xeitos noraboa os que sairon en Calo, sacouse un partido complicado e peleouse. Non foi un partido para recordar pero si que foi un partido para ganar, e ganouse.

A anécdota da xornada unha vez mais protagonizouna o "Pulga", cual profesional desto do fútbol, rompeu as botas case o remate da primeira parte e nun alarde de clase, mandou comprar unhas a Santiago e ó arranque da segunda parte xa estaba de estrea, sin probalas e quedabanlle coma un guante ¡Que clase!, ¡Que non sexa por ferramenta!, se o fin imos ter que rescatar a figura dun utillero, que levamos 4 partidos pero entre espinilleras e botas non ganamos para percances.

No hay comentarios:

Publicar un comentario