domingo, 16 de octubre de 2011

Crónica 5ª Xornada

Tocaba visita a Fieiteira:

Nesta ocasión viaxamos dezasete: José, Pepe, Lagares, Minuco, Diego, Dani, Luis, Urtubi, Pibe, Gago, Roberto, Pose, Roi, Lolo, Primo, Pulga e Susito.
Si si, podédelo creer "Susito", despois de faltar un mes, estivo de vacacións, supoñemos que varias veces..............., o primeiro que fixo foi mandar un balón arriba de unha viña, tivemos que movilizar a medio equipo para recuperalo, perdeu o equipaxe e houbolle que prestar un, en fin ......................Susito.

Para rematar cas asistencias, a verdade e que o partido era demasiado cedo pero nesta ocasión a pesar de ser o desplazamento mais largo que temos a xente portouse e estivemos todos a hora prevista. En canto as ausencias supoño que teremos que volver a falar do asunto proximamente, pero hai algunhas que empezan a preocupar.

Seguimos neste verán tardío que temos e ás catro da tarde podedesvos imaxinar, fixemos boa falla os dezasete que fomos. 
Campo grande, moito calor, rival complicado (como todos), pero nesta ocasión voltamos a sair moi metidos no partido e xa nos primeiros minutos xeramos varias ocasións. Salientar novamente os primeiros quince minutos do pulgiña. E nunha de esas chegadas Roi peleaba ben un balón morto na área e con un toque de clase (ca uña) poñía no marcador o que sería o definitivo "0-1". Durante os primeiros 20 minutos levamos o partido moi ben e como tíñamos por costumbre perdoamos en exceso.
Pouco a pouco fomos perdendo o dominio do partido e cedendo metros, volvemos a caer en conceder moitas faltas a un metro da área, supoño que José nos ten moi mal acostumados a todos. Estas cousas pasaron de ser ailladas a ser xa un problema de costume, en cada partido tirannos 5 ou 6, e é dar moita ventaxa. Diego estase especializando en atropellar rivales, e os árbitros xa nos empezan a coñecer. En fin que outra volta mais José voltou ter un día inspirado e sacou duas ou tres mans salvadoras, porque nos últimos 20 minutos da primeira parte sufrimos abondo.
A pesares diso tamén Susito tivo tempo de fabricar algunha ocasión a base de pelexa, esas ocasións nas que despois de loitar con medio equipo contrario e quedarse solo literalmente na liña de gol, non é quen de empurrala e como diría aquel de Arteixo "se la quitan de los fuciños", en fin Susito.................
A segunda parte desenrolouse bastante mellor para nos, o Mirador de Padín seguía a querer propoñer pero nos estivemos mellor plantados en defensa e concedemos menos. Sufrimos bastante para sacar o balón cun pouco de criterio, porque a verdade e que eles na segunda parte coa intención de chegar arriba deixaron moitos ocos en defensa. No medio campo temos pouca paciencia, buscamos a chegada rápida e combinamos moi pouco. E certo en que hai días que o xogo directo ou a velocidade nos dan mellor resultado, pero tamen é certo que o campo e o rival deste sábado eran propicios para tentar combinar un pouquiño mais, en fin que xa saldrá. Para mais, ós 20 minutos quedaron cun xogador menos por unha fea entrada sen balón. A partir de ahí o xogo do Padín foi mais directo e nos tivemos moitas ocasións de collelos na contra, pero entre os innumerables fora de xogo que nos pitou o árbitro (algúns de eles inexistentes) e as ocasións clarisssssiiiiimas que non aproveitamos, non fomos quen de acadar maior renda.

Como nesto do fútbol xa está todo escrito, perdoamos e perdoamos e na última ocasión do partido o Padín poidonos empatar nun remate franco de cabeza que esta vez se foi fora.

Poderíamos decir que o Budi de sempre, xogando ós poucos, con moi bos momentos, con outros nos que nos vamos do partido, e un equipo ó que lle costa dios e axuda marcar.

Notas positivas: 
  • Que nos enganchamos a gañar, e como isto vai por rachas............
  • Que voltaron xogadores importantes como Primo ou Susito que levámamos un mes sin eles.
  • Que non tivemos lesións, que xa empezaba a preocupar.
  • Que levamos xa dous partidos coa porta a cero, e no anterior o Negreira só nos marcara de penalti. 
Notas negativas:
  • A falta de gol, temos que concretar mais que non sempre imos estar tan finos en defensa.
  • A expulsión do "mister" e este ano xa van dúas, que entrou ó trapo correspondendo airadamente un insulto e o árbitro expulsouno. Creo que ainda que as veces dende o banquiño as cousas tamén se viven con certa tensión, debería de ser o primeiro en dar exempro e correxir o seu comportamento.
 Conclusión: Que ainda que seguimos a ter moitas dificultades para xogar con certa fluidez, empezamos a acadar esa característica que cremos que sempre nos caracterizou, ser un equipo moi difícil de gañar. Esperemos que pouquiño a pouco vaiamos collendo algo de ritmo e mellorando certas cousas, polo menos estas tres victorias consecutivas fannos ver as cousas con outra cara. Noraboa a todos outra vez por tres puntos moi traballados.

1 comentario:

  1. Moi boa crónica. Si señor. E sin fantasmadas tipo xojamos moi ben e jodeunos o árbitro.

    Que cunda el ejemplo.




    Un que levou aljún viaxe o oitro día

    ResponderEliminar