Moi boas a tod@s:
Semana de bonito, todos guapísimos incluidos vellas glorias, para sacar unha de esas fotos que despois cando ves colgadas nunha parede provocan mais risa ca emoción. Bueno o seu propósito é o recordo e para eso seguro que sirve.
Semana de bonito, todos guapísimos incluidos vellas glorias, para sacar unha de esas fotos que despois cando ves colgadas nunha parede provocan mais risa ca emoción. Bueno o seu propósito é o recordo e para eso seguro que sirve.
Esta semana estábamos de estreno, ainda que xogábamos de locales tivemos que desplazarnos ó Milladoiro onde estreamos o novo campo Municipal. Un pouco mais pequeno que o de Bertamiráns, que para os veteranos non ben mal. Da gusto xogar nestes campos de última xeración, pena que algunhas das instalacións parezan estar deseñadas por xente que non debeu xogar moito ó fútbol. De todos os xeitos venditos sexan.
En canto ó meramente deportivo, esta semana non pudemos contar con Cambón e Sito que siguen lesionados, ademais Gago tampouco nos poido axudar no campo pois sufreu un accidente de coche que por sorte non lle ocasionou problemas físicos, do cal nos alegramos moito.
Polo demais todos presentes, ainda que Pibe non participou por precaución cuns problemas nun xeonllo.
O partido tal e como se prevía empezou con moita pelexa en medio campo e pouca chegada a áreas. Sendo sinceros o Roomel incluso empezou o partido mais metido ca nos dándonos algún que outro susto.
Fixeron falta case 30 minutos para que apareceran as primeiras ocasións pola nosa banda, algunha de elas clara ainda que coma sempres supoño que "clara" para nos non significa que se vaia a materializar.
Pouco despois Super combinou ben con Susito que se revolveu no área e seu dispara non foi quen de agarralo o porteiro do Roomel, o rexeite pelexouno moi ben Primo que acababa de entrar no campo para acadar o único gol do partido. É curioso que a xogada fose obra dos tres compañeiros que acababan de entrar no campo, eso é o que se chama entrar metidos.
Por outra banda a defensa segue a estar moi segura, igual que nos últimos partidos e cando existe algún desaxuste aparece algunha man salvadora de Neo.
Así chegamos o descanso, nesta primeira parte o equipo foi claramente de menos a mais.
Como pasa habitualmente na segunda parte o partido foi mais trabado, o equipo que neste caso ía por detrás no marcador sufríu para combinar e crear xogo, e pola contra nos sentímonos mais cómodos.
Roomel dou entrada a Richard que nos creou algún que outro problema en defensa, nunha destas chegadas tivo un remate franco de cabeza que sacou Neo non sabemos moi ben como, supoño que ca axuda do espíritu santo (decímolo pola maneira de boar).
A partir de aquí en varias accións duras Roomel quedouse con dous homes menos e o partido púxose moito mais de cara para nos. O de sempre, non me acordo do número de ocasións, un contra un, que tivemos co porteiro, remates a bocaxarro, ete. Imos ter que falar co contrario e que os metan eles.
En quince días mais ou menos o equipo enteiro vai a ofrecerse o San Andrés, a ver si o pasarnos a vara polo lombo apuntamos un pouco mellor, incrible.......
Mención especial para o señor colexiado, mal, moi mal, para os dous e sobre todo o que parece este ano unha tónica xeral, unha actitude provocadora con xogadores, banquiños e incluso delegados cando van firmar. Habería que decirlle ó señor Bugallo que o reglamento está para aplicalo, non para interpretalo como di el. Sacou tarxetas en ambos lados por cousas irrelevantes, e chegou a pitarnos foras de xogo no noso campo...............................
Pouco a pouco o partido foi morrendo e o fin tres puntos mais.
Notas positivas:
- Seguimos a estar moi serios en defensa, creo que estamos a ser o equipo menos goleado da categoría ou case. Terceiro partido consecutivo sen encaixar.
- A dinámica do equipo está a ser moi boa, moito traballo e os resultados están chegando.
- Noraboa para Primo, que ven de estar un mes parado e este sábado xa se veu mais cómodo no terreo de xogo, anotando ademais o único gol do partido.
Notas negativas:
- Non podemos perdoar tanto, imos levar un susto. O de onte non é normal e sobre todo certas actitudes a hora de finalizar algunha xogada. Podemos rematar o partido mais cómodos tendo minutos para que todos nos podamos divertir no campo, e estamos sufrindo ata o final.
En resumen, noraboa outra vez pola victoria e noraboa tamén pola actitude de todos no campo e fora del, mais que un equipo xa empezamos a ser unha familia e iso vale mais que todo.
Ata o sábado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario