Como xa é costume, dende que non lle permiten á prensa escrita o acceso os campos de fútbol, temos que facela crónica a través dos nosos espías.
Polo que oín creo que foi un deses partidos ós que case era mellor non ir................, bueno iso non pero....
Para empezar nota especial para Susito, que volveu a provocar a evacuación do vestuario, "Acoghonante", o próximo día que xoguemos imos tapiar a porta do retrete antes de que entre ou despois el verá....
Bueno ó que vamos, último partido do ano, deses que che deixan un maior recordo porque agora temos tres semanas sen fútbol, e como non podía ser doutro xeito tomámolo moi en serio......
Sacamos de centro e démoslle o balón a Diego, vamos a ver un momento, a quen se lle ocurre......., hai cousas que non se poden facer. Ó que vamos, balón a Diego, este asiste perfectamente ó delantero do Silleda e gol.
Creo que este ano xa leva varias asistencias, na segunda volta vai a xogar de media punta........
A partir de ahí mais do de sempre, bastantes chegadas pola nosa parte e moi pouquiña finalización, remitímonos a palabras textuales do delantero do River Silleda na zona mixta ó acabar o partido:
" a semana pasada preguntamos que tal equipo tiña o Don Budi, e dixéronnos que bastante bo, que nos iban a crear 40 ocasións pero que a cousa iba a andar axustada, e efectivamente non nos mentiron nada".
Que o sepamos nos está ben, pero que xa sepan que non lle apuntamos..........bueno eles que se confien.
Nada que a historia do partido e a de sempre, moitas ocasións e por sorte entraron dúas, Loliño de Suso de goleadores.
Según o Mister en funcións o mellor do partido foi "Papa Noel", sobran as palabras.
Por certo Minuco lesionouse e pideu o cambio, non se acordaba tal cousa en Bertamiráns.........sorte que ten tres semanas para recuperarse....
Notas positivas:
- Tres puntos mais.
Notas negativas:
- Dieghiño...............dalle parriba.....
- ¡¡¡¡Búscase dianteiro!!!!, perdón ¡¡¡¡Síguese buscando dianteiro!!!!
Bo nadal para todos, vémonos o 7, temos que ir a Touro, a ver o que nos traen os reis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario