martes, 10 de enero de 2012

Crónica 15ª Xornada (Pepe Noya - Don Budi)

Bo ano a todos:

Partido de resaca como acostumamos a ter todos os anos cando voltamos en xaneiro, pero curiosamente esta vez viñeron os reis magos e 3 puntos mais.

Non se mereceron.

Así de rotundo, Pepe Noya cun equipo bastante por debaixo de anos anteriores fixo méritos abondo para empatar ou gañar o partido. Por contra de como nos ten pasado ben de veces agora temos a sorte de ter un dianteiro en racha, e esto non o podemos decir moi alto, pero é verdade, primeira parte tres ocasións, tres goles, 1-3 e tres puntos para a casa.

Empezamos coma sempre, co sol en contra.........., balón longo control de barriga do noso central que se convirte nun pase maxistral (e este ano xa van varios) para o dianteiro do Pepe Noya que pon o 1-0 cando ainda non baixaramos do autobus.

Por sorte a nosa reacción foi moi boa e na seguinte media hora atropellamos o rival, unha boa xogada por banda de Primo que propicia un despexe forzado da defensa , e ahí Susito a verdade e que estaba onde tiña que estar e empuxouno a rede.

Pouco despois cando seguíamos a facer moito dano en ataque sobre todo pola nosa banda dereita, forzamos un corner e nun bo remate de Diego que o porteiro non poido agarrar Susito poñía o 1-2 no taboleiro. Se estiveramos tan atentos en defensa nos balóns parados como estamos en ataque a verdade e que outro galo nos cantaría.

O terceiro gol ben nun pase en carreira a Susito que se desfai cun bo caneo da súa marca e dende a frontal cruza o balón para facer o 1-3. Que eu recorde un dos mellores goles que lle teño visto, un gol de dianteiro centro.

Valga tamén decir que nesta primeira parte hai unha xogada que poido condicionar o partido, ca típica "torrija" que a veces nos colle e nun balón longo se mais perigo que o que nos lle damos, collenos a defensa adiantada e un pouco parada, José sae a destempo e derruba o rival perto do vértice do área, tarxeta a marela e libre directo, ben poido ser expulsión e o partido moi complicado. Como xa é costume facemos o mais difícil e despois concedemos cousas de xuvenís.

Así chegamos ó descanso, e mais nos valera ir para a casa, porque o da segunda parte volve a ser un aviso, e so é un aviso porque eles non estiveron acertados. Arriba fixemos moi pouquiño dano, as bandas non aportaron moito en ataque e case nada en defensa, o medio do campo recuperou tres balóns e perdeu trinta, a defensa de traca en algúns momentos, con regates no área ou mesmo taconazos dignos de craks. Nas xogadas a balón parado non marca ninguén, por poñer un exempro Pepe Noya tivo un corner a favor que tardou bastante en sacar, en lugar de coller marca, no área non marcaba ninguén, a xente que baixou de medio campo mirando no borde do área, entrou un central de Pepe Noya dende fora do área e rematou so mais adiante do punto de penalti índose fora por milímetros, outra vez esa flor que nalgúns momentos parece ter o noso porteiro........menos mal.
Podo contar 4 ou 5 ocasións moi claras de gol por parte do Pepe Noya, pero bueno 1-3 vamos a deixalo así.

Notas positivas:
  • A racha na que está metido Susito que empeza a metelos de tres en tres, algo o que non estamos acostumados. Noraboa para el.
  • Sacouse o primeiro partido do ano novo, que nos últimos anos xaneiro estaba a ser un mes negro.
  • Acabamos a primeira volta con 28 puntos e 4º clasificados, so a dous puntos do 3º, o cal está francamente ben, tendo en conta que para o resto as dúas primeiras plazas parecen inalcanzables.
Notas Negativas:
  • Susito está marcando goles, quizás sexa o dianteiro que tanto botábamos de menos, agora se aprendera a xogar calado sen romper a cabeza os compañeiros sería o xogador perfecto.........., non me debo de ensañar soamente con el, porque a verdade e que en lugar dun equipo parecemos unha feira, esto hai que falalo, pero no pode ser, se perdemos perdemos e se gañamos gañamos, pero temos que ser un pouquiño mais compañeiros no campo, e esto en todos os sentidos, ningún estamos en condicións de pedirlle mais a ninguén, temos que tomar unha taza de humildade, que coas festas fai tempo que non a tomamos.
  • Temos que millorar defensivamente, e non soamente a defensa, estamos concedendo cousas incribles, creo que se nos fixeran un video cos goles que nos meten, habíamos rir un cacho.
A anécdota do partido o taconazo de outra galaxia que se sacou Minuco na nosa liña de fondo e con tres xogadores detrás. Púxolle un balón a un xogador de Pepe Noya digno de "Valerón", que clase................sei eu quen lle diría "Non sabemos darlle para diante e............" a culpa tena o Barcelona e mais outros por ahía adiante que se lles da por regatear no área....., os rapaces venos e despois pasa isto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario