lunes, 27 de febrero de 2012

Crónica da 19ª Xornada (Don Budi-Universidade)

Xogabamos este sábado 25 de febreiro o partido atrasado que tíñamos co Universidade, un equipo que sempre resulta moi complicado de gañar.
A verdade e que presentou unha tarde moi boa para o tempo no que estamos e na que nos xuntábamos tamén 17 xogadores, entre eles Lolo que volvía de estar 3 semanas parado.
Co tema das lesións este ano é certo que temos un problema, ahora mesmo temos a Urtubi medio retirado por problemas da idade, Lemos ainda de baixa despois de mais de un ano, este sábado tamén Pose, que sei que lle doia unha perna.......(Lesíon estraña, non foi quen de decirnos que parte da perna lle doía, típica molestia que tiña miña abuela, que en paz descanse, "doeme unha perna", porque pode ser unha "rodilla", un "tobillo", un "xemelo"........, no neste caso era a perna, menos mal que solo ten dúas senón o problema sería maior a hora de diagnosticar, en fin que este tipo de lesións, ou ilusións según se mire, normalmente marchan conforme veñen............), ó que estábamos, que para mais ós 3 minutos de partido rompeu Roberto que terá para un mes, pouco despois Primo, que para alá vai....., que o final do partido xa non veteranos, parecíamos do inserso, ¡¡¡chabales que xa temos unha idade, menos samba e menos traballar......!!!.
Bueno ó que vamos, que o partido que empezou ben foisenos complicando por culpa das inesperadas lesións.
Volvía tamén Susito que despois dos seus tres partidos de sanción, polas cariñosas palabras dedicadas a "Montero", volveu a ser importante para a victoria.
Na primeira media hora o partido non tiña dono, nos non estivemos moi acertados a hora de ter o balón que non acababa de ser de ninguén, supoño que tamén tivo que ver as lesións que nos obligaron a facer cambios moi cedo e moi seguidos. Como tampouco non xerábamos moito perigo e despois de desperdiciar unha ocasión das que xa nos ten acostumados Susito, nunha xogada sen perigo, o Universidade comete un erro e deixalle o balón franco para que Susito de vaselina acade o 1-0.
Despois do gol collemos mellor o sitio e disfrutamos de algunha ocasión mais bastante clara que tanto Pulga, como Susito e Sito non foron quen de materializalas. 
O Universidade non consegueu chegar demasiado, e tan solo cun disparon lonxano pero con moito perigo, puxo a proba a José, que respostou como xa nos ten mal acostumados.
Así chegamos ó descanso, eramos mais lesionados no banquiño que xogadores en disposición de xogar, tamén é de suliñar isto, a xente ainda que non poida xogar sigue vindo ós partidos, neso imos de líderes.
Na segunda parte mais do mesmo, tivemos bastantes ocasións no primeiro tramo, pero como tamén é habitual en nos, non as metemos e o Universidade dounos algún que outro susto. Así ós 20 minutos mais ou menos Cambón rompía o fora de xogo e despois de levar o balón co peito e dende tres cuartos de campo aproximadamente facía unha fermosa vaselina que supoñía o 2-0 que xa sería definitiva.
Logo deste gol tivemos algún momento de relaxación como xa é habitual en nos, e deixamos que o rival se metera no partido, nunha destas ocasións o señor arbitro interpretou como penalti unha man involuntaria de Minuco case no vértice do área (o señor Tiburón este ano non está a ter moita "sorte" cos arbitraxes cando nos pita a nos...........
O penalti parouno Jose, que non o fallou o Universidade, este home é todo envexa, oíra que fai unhas xornadas outro tamén o parara e hala........... pois el tamén, parada de moito mérito, que nos permitíu ter un final de encontro mais tránquilo.

Notas positivas:
  • Volvemos a sumar de tres en tres, e xa van dous seguidos gañando con certo criterio na casa, parece que volvemos a estar metidos.
  • Volveu a marcar Susito e Cambón, estes dous parece que este ano son os que gobernan o asunto. Iba sendo hora de ter goleadores......
  • A asistencia tanto dos que xogaron como sobre todo dos que non xogaron. Noraboa a todos.
  • Nota positiva tamén para o noso porteiro, que con un par de intervencións decisivas, fai que a victoria pareza mais sinxela do que en realidade foi.
Notas negativas:
  • Como o gol nos costa dios e axuda, non somos quen de rematar os partidos e as veces sufrimos bastante mais do que deberíamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario