A xornada do sábado como ben sabedes tivemos un cocido para a cea, e no que se refire ó cocido, pasou sen maior dificultade, barrigas ben cheas, "gin tonics" para a dixestión, e outra xornada mais amenizada polo "Ruso" e compañía, tan ben como sempre nos teñen acostumados. Outra cousa foi o post-cocido, pero ese tema tratao outro tipo de prensa, ca que nada temos que ver.
Nesta ocasión ata os lesionados respostaron ben, e non se lles veu molestia ningunha, se cabe o mais baixo foi Pose, que ainda acusaba a actuación a tarde en Laiño, pero iso......iso é outra historia.
Imos ter que facer comidas alí no canto de ceas, porque as dixestións pódense complicar........ e xa estamos nunha idade difícil.
Suliñar tamén a presenza de vellos amigos, como "Geno", "Xan" e algún outro que se deixou caer por alí, ca disculpa de vernos e aproveitar para cear ben. Eles saben que sempre son ben recibidos.
Agora nada mais que queda esperar pola próxima.
Ata logiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario