Outra boa tarde para o fútbol, neste inverno que non o parece, esta vez no campo de "Chenlo", en Laiño, tocaba visitar ó Roomel, que está a pasar por un mal momento, pero que é un deses equipos históricos cós que nunca é doado xogar.
Xuntámonos esta vez 15 xogadores en condicións de vestirse de curto, e algún mais sancionado ou lesionado que tamén estiveron presentes.
Seguimos inmersos nun momento de moitos problemas de lesións, sancións etc, que nos están facendo ir a xogar moi mermados, pero unha vez mais se fixo un dignísimo partido por parte dos presentes.
Estábamos ainda nos primeiros intres do partido, momentos de tanteo, cando "Pose" emulando o que poucas horas despois faría o mesmísimo "Gerard Piqué", lle dirixía toda serie de "agarimos e compridos" o trencilla da contenda, deixando ó equipo con 10 xogadores durante mais de 70 minutos de partido.
Haber......., xa un ten bastante con ser como é, como para que encima teña que vir alguén e recordarllo, e parece que Pose neste caso non o tivo en conta, e reiterouse no recordo das condicións e cualidades do árbitro, que a este non por recoñecidas lle pareceron de bo gusto, incluso ó acabar o partido llo foi a comentar outra vez. Como se soe decir "Se cubrió de gloria", en fin tal e como é esta Agrupación de Veteranos nosa, supoño que terán ó noso amigo Pose en cuarentena unhas semanas, para que non contaxie a ningúen mais, cosas del fútbol.......
Na primeira parte foi un partido bastante trabado, no que nos tentábamos de posicionarnos ben en defensa e non sufrir en exceso, para que o partido non se nos fixera longo de mais.
Non conseguimos facernos todos o seguro que quixeramos en defensa, e en algúns intres pasamos algún que outro apuro, de todos os xeitos para xogar con un menos non sufrimos en demasía. Non se escatimaron esforzos en en xeral sacamos esta primeira parte ben.
Na segunda parte e ainda co empate, preséntabase un partido de espera e tentar de en algunha contra facer dano se podíamos. Sen embargo nos primeiros 20 minutos non se notou sobre o campo que xogaramos con 10 xogadores, e nunha boa conbinación, Roi habilitaba moi ben a Sito, que con un remate mais de habilidade que de potencia, poñía o 0-1 no tanteador.
A partir de aquí semellábamos estar mais cómodos no campo, dispuxemos de algunha ocasión mais, con varias chegadas ó área rival con moito perigo. Pola contra o Roomel atacaba mais co corazón que coa cabeza, e non chegaba a inquedar a José con claridade.
Sen embargo nun balón largo, o arbitro interpretou unha carga de Diego como penalti, e dáballe a oportunidade ó Roomel de empartar o partido e con un home mais encarar mellor o final do partido. Pero non, José parece decidido en paralos todos nesta segunda volta, e adiviñaba moi ben o lanzamento evitando así que o Roomel se metera no partido.
O feito de errar o penalti descolocou o rival un pouco mais, e nun balón que Dani cortou no borde do área, el mesmo conducía ata medio campo e poñía un pase ropendo o fora de xogo para Seoane, que chegaba ven ata a liña de fondo e habilitaba a Susito para que subira o 0-2 o taboleiro. Fora unha contra de libro, que deixaba de manifesto que nesta fase do partido estábamos moi metidos.
De aquí ó final con 15 minutos por diante, o Roomel tentouno unha e outra vez se moita claridade, e soamente nun remate dende a frontal acadaba recurtar distancias a 5 minutos do final, pero que xa non sería abondo para remontar o partido.
Nota positivas:
- Soupemos sacar partido as cualidades que mais caracterizan a este equipo, moita loita e o feito de que as veces as circunstancias adversas fan que sexamos mellor equipo que cando xogamos con ventaxa no marcador.
- Os nosos dianteiros están a ver porta, ¿cantas veces o temos botado en falta?.
- A seguridade defensiva, do equipo en xeral, recuperamos o bo tono, e iso nótase acompañado coma sempre por un fenomenal José na portería.
Notas negativas.
- A reacción xuvenil de Pose, deixando ó equipo con 10 xogadores case todo o partido, ademais estando mermados de efectivos conforme estamos de cara as datas vindeiras. Ó mellor no persoal non acaban de sair as cousas, pero todos temos que sumar e non que restar, senón non conseguiremos melloralas.
Noraboa a todos, polos 3 puntos pero sobre todo pola actitude no campo e fora del.
No hay comentarios:
Publicar un comentario