Curiosa liga esta, a estas alturas parece que o lider xa gana por inercia, o segundo que xa non ten que facer preséntase con 9 xogadores e acabao goleando calquera, os tres perseguidores parece que se igualan en todo, en puntos, nas victorias e tamén nas miserias, e parece que soamente por abaixo ten algo de emoción.
Pois eso que o sábado visítabanos o lider, e para nos non foi a data mais axeitada, contábamos ata con 8 baixas, parece que non levantamos cabeza nese sentido, e a semana que ven non se presenta mellor. Este fin de semana éramos 14, e para eso tuvemos que convocar de urxencia a Super, que xa levaba tempo sen participar.
O partido presentábase como un día para esperar e tentar facer dano a contra, pero desta vez non saímos centrados e ós 5 minutos xa concederamos un gol, deses que che dan moita rabia porque o rival non fixera mérito ningún para acadalo.
De aquí en diante, Ribadavia limitouse a ter a posesión pero sen facer demasiado dano, ainda así en ocasións chegounos con certo perigo. Mediada esta primeira parte tamén conseguimos ter algo mais o balón e fixemos un par de chegadas das que podíamos haber sacado algo mais.
Así sen moita mais historia chegamos ó descanso. Na segunda parte mais do mesmo, eles sen moito esforzo acadaron o 0-2 nun penalti absurdo, dos que xa levamos concedidos varios este ano.
Se te enfrentas a este tipo de rivales que teñen tanta posesión de balón, plantexas o teu partido mais ou menos serio, pero concedes este tipo de ventaxas a verdade e que o remate quedache cara de parvo, porque o esforzo case nunca ten recompensa.
Nos seguintes minutos nos metémonos algo mais no partido, e sobre todo Susito coseguíu facerlle algo de dano a base de moito traballo, el solo doulle algún que outro quebradeiro de cabeza o rival.
Mediada a segunda parte Suso aproveitaba un rechace nun centro e poñía o 1-2 no tanteador. Despois deste gol tivemos algunha ocasión mais case a renglón seguido, pero que non foi a mais. Pouco a pouco o partido foisenos facendo costa arriba debido o cansancio acumulado, que se puxo de manifesto sobre todo na faceta defensiva.
Nos últimos 10 minutos Rivadavia facía dous goles mais que ó fin poñían un 1-4 no tanteador, que poñía de manifesto que nos mesmos nesta ocasión, tivemos demasiados erros para o partido que era, e soamente queda pasar páxina.
Notas positivas:
- O traballo de Susito en punta, que está a facer unha gran tempada, e está vendo porta con facilidade, ademais de disputar cada balón, merece recoñecemento.
- Tamén o traballo de José na portería, que está sempre a un nivel excelente.
- O traballo en xeral do equipo, que ó fin se veu un pouco tapado por certos erros puntuales, nun día no que houbo moito esforzo, polo rival, polo calor e polos poucos que éramos.
Notas negativas:
- Concedemos certas cousas, das que da rabia ata falar, este tipo de historias crean costume e iso e perigoso. Recomendar a todo o mundo que mire a clasificación, que bonito é non pasar apuros e iso conseguese non facendo este tipo de concesións, que os puntos a nos costannos moito. Vamos a valorar o que temos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario