domingo, 15 de abril de 2012

Hnos.Couto - Don Budi (Xornada 25)

Pois recta final da tempada e todos ca gasolina xustiña, parece que ós tres equipos que estamos en segunda liña nos costa mais que a ningún outro sumar tres puntos, imos de empate en empate e cando son victorias son moi xustiñas.
Onte e como xa esta sendo habitual, chegábamos con moitas baixas (Urtubi, Cambón, Roberto, Pose, Ernesto, Sito, Super.....), vamos que xuntamos 13 e grazas. Porriba o rival non era do mais doado, se ben e verdade que lles pasou mais ou menos como a nos e tamén andaban xustos de personal.
Empezou o partido coma o día, moi fríos e ainda non nos dera tempo a sentarnos no banquiño e xa perdíamos 1-0, burato tremendo no medio da defensa, que diante dun equipo tan rápido coma Couto nos costaba o primeiro. No primeiro cuarto de hora debemos perder 30 balóns, non demos dous pases seguidos.
É certo, que seguimos tendo xogadores que cando están enchufados, danlle moitísimo a este equipo, saque longo de José dende a portería e de primeiras Loliño para dentro, fantástico gol.
Podíamos pensar que con este gol nos íamos serenar, pois nun calco practicamente do primeiro o Couto facía o 2-1. Cantas facilidades.........
Parece que os goles nos fan espabilar e pouco despois na xogada mais trenzada preto do área do Couto, Loliño volvía a poñer o 2-2, outra vez de vaselina.
A partires de aquí si que xogamos un pouquiño mellor e froito deste mellor xogo preto da portería rival, chegaba unha falta ó borde, ben executada por Luis, que coa axuda do bote e un campo moi mollado, fixo imposible que o porteiro rival agarrara o balón e Lolo outra vez adiantaba ó Budi. Fantástico Lolo.
Quedaban 10 para o descanso e non podíamos irnos sen facer outro regalo, centro dende 50 metros e gol de cabeza do Couto. 3-3.
A segunda parte con algúns cambios de posición no campo, parece que o equipo se atopou mellor sobre o campo, domiñou gran parte desta segunda parte e ben poido levarse o partido en algunhas ocasións claras. Tamén e certo que o Couto ten a calidade suficiente para nas poucas aproximacións que tivo poder habernos feito mais dano.
Ó fin, 3-3 nun campo difícil.

Notas positivas:
  • O equipo segue dando a cara en cada partido, sexa que sexa o rival, e cas baixas moi importantes que está a ter nestes últimos meses.
  • Punto importante, para non perder a estela dese terceiro posto que ten que ser un aliciente para o que falta.
  • Un 10 para Lolo, que este ano lle tiña costado meterse no equipo por distintos motivos, lesións e outros problemas físicos e parece que por fin volve a ser o Lolo que votábamos de menos, hat trick que suma a un ano no que xa leva un bo número de goles. ""Recórdame a Txiqui Beguiristain na definición, eso si con menos naris"".
Notas negativas:
  •  As ausencias, onte volveu a lesionarse outro compañeiro, non levantamos cabeza.
  • ¡¡¡Que pouquiño teñen que facer os rivais para facernos gol!!!, asignatura pendente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario