domingo, 15 de abril de 2012

¡¡¡Hasta novo aviso!!!

E como non, acordarnos tamén do noso 2º e tamén delegado, que acaba de recibir unha sanción exemplar por parte da nosa bendita agrupación, o número de partidos de suspensión non sabemos se é xusto ou non, pois según pon o aviso está sancionado hasta novo aviso. Queremos dedicarlle unhas liñas a este feito, porque o noso compañeiro non estivo dende logo acertado, e en ningún caso é xustificable o seu comportamento.
Pero para que os que lean esta entrada sexan conscientes, o feito non pasou dunha discusión en quente, mais ou menos airada co colexiado, na que nin tan siquera houbo un insulto, o colexiado era "Tiburón". O comportamento deste home cando lle arbitra ó Don Budi, dende o minuto 1 de partido, é de absoluta provocación, e de non deixar que en ningún momento se lle dirixa a palabra, en todos os partidos que nos arbitra non baixamos de 4 ou 5 tarxetas amarelas e chegou a sacarnos 7 amarelas e 2 roxas no mesmo partido, cando o normal e que teñamos unha ou duas amarelas. E este ano de 8 penaltis que nos levan pitado en contra, este señor pitounos 6, cada quen que saque as conclusións que estime oportunas.
Penso que todos os equipos de división de honra, deberíamos de falar e reflexionar sobre esto, porque a esta xente que din ser árbitros estamos pagándolle todas as semanas por "arbitrar", se non están dispostos, pensamos que hoxe en día hai centos de compañeiros seus que están desexando facelo.
O igual que os equipos se van renovando ano a ano, tamén vai sendo hora de que o fagan os árbitros.
Porriba desta reflexión, somos conscientes de que non estamos en posesión da verdade absoluta, e esta é soamente unha opinión nosa.
Deixamos enrriba na mesa esa invitación a reunirnos todos os equipos e falar sobre estes asuntos, pois os que sufrimos e disfrutamos deles somos todos nos e non soamente a agrupación.
Unha sanción hasta novo aviso por unha discusión entre arbitro e delegado, con expresións que as veces non son as mais axeitadas, pero que nin sequera son insultos, que por desgraza se teñen producido en outras ocasión, e con sancións menos contundentes, cremos que é desmesurada, e únicamente froito da premeditación do señor que redacta o acta e o posterior anexo a mesma, que en moitos puntos do mesmo falta a verdade, pero ante o que nada cabe facer co actual sistema de sancións, ou mellor deberíamos de decir de "recaudacións".

No hay comentarios:

Publicar un comentario