Despois do fin de semana pasado, no que era mellor non facer crónica, porque nos xuntamos 11 mais un par de lesionados para xogar contra un Ramos, ó que lle concedemos dous ou tres regalos, e que como sempre "non xogaba solo"; este fin de semana volvíamos a "normalidade".
En fin que pasou o día e pasou a romería, e ainda con baixas, empezamos a recuperar algunha xente e nótase ben.
Este sábado xogamos en Calo con Recambios Arturo, as condicións do campo eran bastante lamentables, tiña auga por encima e por debaixo da herba artificial, eso si podemos apelar o de sempre ¡¡¡ sería peor xogar en terra......!!!. Bueno ó que vamos, que xuntámonos 14 para xogar no que podía decirse que foi o peor día do que levamos de tempada, no que o climatolóxico se refire.
Dende que empezou o partido estivemos sempre moi ben plantados no terreo de xogo, tentando xogar ainda como estaba o campo e non complicándonos atrás.
Rec.Arturo apretounos sobre todo no anímico, con empuxe e con gañas, xa que están nunha situación complicada, pero a verdade e que non tiveron moitas chegadas con perigo. Pola contra sempre que tiñamos o balón fixemos moito dano e nunha das moitas chegadas ó área contraria, Lolo estivo moi atento para facerse cun mal despexe da defensa contraria e despois dun fermoso caneo facía o 0-1, resultado que ainda nos fixo xogar con mais seguridade e que puxo ó rival ainda mais nervioso.
Na primeira parte tivemos algunha chegada mais con perigo a meta contraria pero que non se concretaría en nada mais.
Despois do descanso volvemos igual que nos fomos o vestiario, moi concentrados e querendo sempre xogar, a tónica era a mesma, Rec. Arturo tentábao mais con corazón que con cabeza, e nos sempre que podíamos facíamos dano a contra. Así deste xeito chegaría o 0-2 nun balón longo no que Susito o fixo todo, baixouno, caneou a un contrario dentro do área e marcou cun disparo axustado.
Visto o visto facía xustiza o acontecido ata o de agora. A continuación mais do mesmo, non se pasaron moitos apuros e soamente no gol, Rec. Arturo poido inquedar a José, e nin sequera foi unha ocasión perigosa xa que ven dun tiro lonxano que rebota en Dani e Roberto e acaba entrando na portería.
Notas positivas:
- Volvemos a victoria despois de tres semanas.
- Recuperamos xente no medio do campo e despois dunha da mala racha de lesións que tivemos, xa os partidos se ven doutra maneira.
- Por fin tivemos un partido sen regalos en defensa, xa o botábamos de menos.
- Seguimos facendo gol, por fin temos dianteiros que marcan con continuidade, ben por Lolo e Suso.
- Terceiros no campeonato, dende logo posto moi meritorio, mais se cabe cos problemas de lesións que tivemos toda a tempada, agora queda chegar así ata o final.
Notas negativas:
- A verdade e que seguimos tendo moitísima xente que ainda non pode xogar, de 28 partidos entre copa e liga:
- Cambón, xogou solo 16 partidos.
- Super, xogou solo 12 partidos.
- Roberto, leva xogados 14 partidos.
- Urtubi, xogou 12 partidos.
- Sito solo 11 partidos.
- Seoane que empezou en febreiro, 9 partidos.
- Gago estivo en 18 partidos.
- Agora tamén se sumou o Pibe que leva xa mes e medio lesionado.
- Se a esto lle engadimos a Lemos que xa non empezou a tempada.....
- Ó mellor e que lle pasa a todo o mundo e nos estamos mal acostumados, pero nestes anos pasados, non tivemos nin tantas lesións, nin estas foron de tan longa duración.
- Sexamos positivos e pensemos que esto xa posou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario