lunes, 7 de mayo de 2012

Crónica Don Budi - B & B Fisioterapia

Parece que van remitindo as lesións e por distintas razóns ainda que seguimos a ter ausencias, imos recuperando xente e xa se afrontan os partidos con outra perspectiva. Non porque non fóramos capaces de sacalos para diante, senon porque en demasiadas ocasións tíñamos que apelar a épica para poder competir, e se o fas sempre acaba por non funcionar.

En fin que nos xuntamos 14 compañeiros para xogar contra un Dubra, que como tamén nos pasa a nos, está pasando momentos de baixón por culpa de lesións en homes importantes, dende a perspectiva de quen escribe a diferencia fundamental entre este partido de liga e o de copa que empatamos, foi que nós recuperamos algunha xente e eles non.

Dende o inicio levamos un pouquiño mais a iniciativa do partido, e o Dubra salvo raras ocasións tampouco nos creou demasiado perigo. Chegamos en varias ocasións claras ó área contraria e nunha boa xogada pola dereita, Pulgiña poñía un balón cruzado que ninguén do Dubra conseguía quitar, e Roberto no segundo pao facía o 1-0 no marcador.

A dinámica foi a mesma a partir de aquí, e cabe destacar unha boa intervención de José e varias chegadas nosas ó área rival que tamén Chu foi quen de desvaratar.
Podían mais as defensas que os dianteiros, e volvíase a poñer de manifesto o moito que nos costa facer gol.

Así chegamos ó descanso, a partir de aquí o Dubra obtou por poñer balóns arriba buscando os dianteiros, pero hoxe os nosos centrais estiberon atinados no xogo aéreo, e tamén o noso medio campo moi atento os rexeites e as segundas xogadas, que tanto dano nos fan habitualmente.

Deste xeito o Dubra foise indo arriba, descoidandose bastante en defensa, e nos a contra tivemos chegadas abondo para que o resultado fose mais abultado. Sen embargo non sería ata a recta final, na que Loliño que fixo un moi bo partido, como xa nos acostumou nesta parte final da tempada, fixera o 2-0 que xa sería definitivo.


Notas positivas:
  • Segimos recuperando xente e siguen os bos resultados.
  • Os nosos dianteiros siguen vendo porta, e eso danos puntos, a Susito sumouse ultimamente Lolo, e tamén empeza a aparecer Pulgiña que se votaba de menos.
  • Tamén o medio do campo está aportando goles, e fai que os partidos non sexan tan agónicos.
  • Moi bo traballo en xeral, e moi bo fin de tempada, que oxalá poidamos refrendar con este terceiro posto que agora temos.
Notas negativas:
  • Que se acaba a tempada cando estábamos volvendo a encontrarnos ben, agora a aproveitar estes dous partidos que nos quedan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario