O vindeiro venres día 01/06/2012 si deus quere iremos a cear a do Ruso.
Normalmente quedamos sobre as 22:00 horas para cear, esta vez se queredes podemos quedar antes en Bertamiráns, pois as 21:00 horas xoga o "filial" a final de fútbol 7 no campo de Bertamiráns, xa sabedes ese equipo que tantos disgustos en forma de lesións nos ten dado esta tempada, sen ir mais lonxe a semana pasada volveu romper Roberto, veremos si se da recuperado para a campaña de plaqueta do Grove.....
Novas de última hora:
A organización do torneo de fútbol 7 de Bertamiráns, aprazou a final prevista para o venres, parece que será o luns, co cal como o noso filial definitivamente non ten partido o venres, podemos quedar sobre as 21;15 horas no Budi para tomar un "gas", ou senón na do Ruso sobre as 22:00 horas.
Canta razón teñen os equipos cando se queixan das Federacións, sexa a española, sexa a UEFA, a FIFA, etc. Siempre tocando as ......... cos horarios, afortunadamente nos imos cear igual, e ademais a mesma hora.
Iso si desta vez mais ca nunca todo o mundo, afeitadiño e ben aseado que non se sabe onde acabará un....., e para representar a este equipo non se pode ir de calquera maneira.
P.D. se alguén ainda non o fixo, que lle confirme a Juan a súa aistencia ou no seu caso a súa ausencia, xa sabemos que haberá xente que hasta 10 minutos antes non sabe se vai a ir ou non......, pero para o resto vaia este aviso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario