miércoles, 23 de mayo de 2012

Fin de tempada 2011-2012

Un pasiño mais, xa pasou outra tempada e ainda parece que foi onte cando o Rosalía e o Guadalupe nos metían o medo no corpo, nada mais empezar con dúas derrotas consecutivas. 
Ó final o equipo cumpríu cas espectativas, tanto cas deportivas como cas extradeportivas. Nestas últimas sobre todo penso que raiamos a gran altura, consolidouse o grupo, non fallando case ningúen os partidos e xuntándose logo case todo o mundo para tomar algo, que ó fin é o que nos queda.
Ó final terceiro posto, moi meritorio sen dúbida, mais porque eses dous primeiros postos parecen inalcanzables agora mesmo. Tamén se temos en conta a cantidade tremenda de lesións e baixas que tivemos este ano, o cal lle da moito mais mérito, pois en gran cantidade de partidos se compiteu con 12 e 13 xogadores.
Curiosamente moitos destes momentos de tantas baixas, coincidiron con enfrontamentos con equipos dos chamados a estar na parte alta da táboa, esto fai que che quede un pouco de mal sabor de boca, non porque se foran a gañar todos eses partidos, pero si porque en moitos deles se chegaba con un equipo moi mermado, e ainda facendo bos partidos se acabaron perdendo de forma abultada. 
Foi un ano, no que por fin tuvemos delantero, marcando goles e dandonos moito en ataque, iso penso que foi unha das razóns para a clasificación final, pero sería inxusto darlle todo o mérito a faceta ofensiva do equipo. En xeral fíxose un moi bo ano.
Ó final o mellor non chegas con tan boas sensacións como o ano pasado, cando nos meteramos na final de copa; na que este ano caemos as primeiras de cambio, nun partido no que tamén estábamos moi mermados; pero realmente a sensación do ano ten que ser moi boa, e ainda porriba moitos dos xogadores ós que lle costara empezar, ó final acabaron dando un moi bo nivel.
En fin que se temos que poñer algún pero, quizás deberíamos de poñelo a elevada cantidade de goles encaixados, e esto on é soamente culpa da defensa, senón do equipo en xeral. En moitos partidos encaixamos goles de patio de colexio, facendo moitas concesións, o que levou a perder algún partido que tíñamos moi ben encarrilado.
O resumo e que uns partidos os gañas merencendo e outros non, e cas derrotas pasa igual, supoño que a clasificación final pon a cada quen no seu sítio.
Agora toca descansar, que cada quen saque a suas conclusións tanto do persoal coma do grupo, e dentro de pouco pensar na xente que formará a plantilla do Budi na tempada vindeira, na que supoño que teremos algunha baixa obligada, e na que supoño que tamén teremos que tentar incorporar algún novo compañeiro.

Bo verán e ata logiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario