lunes, 21 de mayo de 2012

Crónica Don Budi - Pepe Noya

Partido de fin de tempada, na que nin eles xa salvados, nin nos co 3º posto asegurado e sen ningún outro obxetivo nos xogábamos nada mais ca honra de gañar.
E así foi, partido sen moito rigor, no que se tentou disfrutar non campo xogando ó ataque, a primeira parte foise de portería a portería, o resultado ó descanso era de 3 - 1 para o Don Budi, podería ter sido outro ocasións houboas nas dúas porterías.
A premisa era non mancarse e pasalo ben, coma sempre.

Na segunda parte Pepe Noya estivo mais entonado, e chegouse a poñer a so un tanto no marcador 4-3, pero xa  non houbo tempo para mais.

Notas positivas:
  • Seguimos facendo puntos, iso significa que seguimos tomando os partidos en serio, parece perobrullo, pero ten moito, moito mérito a estas alturas e sen moito en xogo.
Notas negativas:
  • Resulta que agora, no último partido, no último cuarto de hora temos algún compañeiro que se enfada, coma un neno cando lle quitan un xoguete, e decide marchar do campo, da igual que sexa no último partido sen nada en xogo, ou en outro calquera con todo por xogar. É unha falla de respeto ós compañeiros, ainda que penso que o mellor é que quede neso, nun arranque de xenio, "cousas de craks".

No hay comentarios:

Publicar un comentario