Tocaba e fomos a Silleda, partido as 18:45 horas, horario nocturno pensamos que pola televisión???, pero engañámonos..., non era fútbol igual sona mal pero o deporte que se practica alí é malo de definir.
Levábamos 30 minutos de partido, resultado de 0-3, cremos que ainda non fixeramos ningunha falta, e o Silleda xa levaba un expulsado, catro ou cinco empuxóns sen balón por medio, algún digno de outra expulsión, algunha entrada de xulgado de garda, provocación continua, tanto a nos como ó arbitro (que tampouco tiña moita autoridade).
Chegou un punto que nos acercamos ó banquiño deles a decirlle que nos daba igual, que nos non tíñamos ningún problema en dar por acabado o partido, que a ningún dos dous nos servía para nada e que o que estaba pasando no campo non tiña sentido, pero non mostraron moitas gañas de dialogar, co cal o que falamos no descanso e que tentaríamos non sufrir ningún percance e que aquelo se acabara sen mais.
Seguiron ó seu, no mesmo plan, algún no medio da segunda parte tirou a camiseta e marchou do campo con 1-5 protestando un fora de banda...... Bueno... non sei como sona así contado, pero dende logo a imaxe foi moi triste.
Nin tivemos, nin temos ningún problema persoal co River Silleda, pero animámolos á reflexión, o que se veu no campo o pasado sábado non merece a pena, nin é moi bo exempro para os rapaces que había no campo.
En fin que o partido non merece moito mais comentario.
Notas positivas:
- O equipo sigue ó seu, que é xogar ó fútbol e disfrutar mentras o fai, que isto siga así.
- O compromiso do grupo segue a ser o mesmo que o da primeira xoranada.
- Por sorte non tivemos ningún mancado.
Notas negativas:
- Os problemas que seguimos tendo para completar o once, pero iso si sempre se está compretando e rendindo no campo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario