martes, 18 de septiembre de 2012

Non entendemos nada

Este fin de semana pasado comezou unha nova tempada na agrupación de Veteranos de Santiago, a verdade e que ún ten esperanza de que as cousas pouco a pouco melloren, pero lonxe deso, xa antes de comezar a competición, dan ganas de retirar ó equipo.
Na  Agrupación de Veteranos de Santiago no referente a fútbol campo, somos se non me engano ó redor de 82 equipos, se facemos unha media de 20 xogadores por equipo salennos case 1.700 xogadores, a maioría temos en torno a 40 anos, porriba ou por debaixo, e todos temos familias, "Señores non podemos empezar a organizar esto duas semanas antes de que comece a competición".
Cremos que nos estamos manexando nunhas cifras, tanto económicas como a número de participantes, que merece que todo esto sexa mais serio.
Para que este comentario non pareza unha pataleta porque o "Don Budi" perdeu co "Mirador de Padín", imos a darvos a coñecer o que nos pasou na semana pasada.
  1. A comezos da semana pasada comunícannos que o primeiro partido de liga era frente a Hnos Couto en Boqueixón, a hora habitual era as 16:15 horas.
  2. A partir de aquí empeza a historia, a mediados de semana chámanos Couto que teñen "problemas" con xente que ficharon, e con outra que ten compromiso e que non poden xogar o sábado a tarde, se o podemos cambiar para a mañán, nos falámolo pero como había algúns dos nosos xogadores que traballaban, díxémoslle que non podíamos.
  3. A continuación plantéxannos aplazar o partido, nos accedemos pero cando se lle comunicou a agrupación, esta dixo que había que fixar unha data, cando o que se facía ata o de agora era mais adiante porñerse de acordo os equipos e buscar unha data que lle fora ben ós dous sobre a marcha. Nestas circunstancias nos non podemos saber se o 12 de outrubro, o 1 novembro ou calquer outro festivo temos ou non temos á xente para xogar, co cal aprazalo non nos tiña sentido. Deste xeito o partido quedou fixado para o sábado as 16:15 horas.
  4. O venres 14, e decir un día antes de xogar chámanos a Agrupación a tarde noite e dinnos que xa non xogamos contra Hnos. Couto que o temos que facer contra o Mirador de Padín en Riveira ás 19:00 horas, esto xa é a leche, non é o mesmo xogar a 10 mínutos de Santiago que a 70 km, "A xente organiza o seu fin de semana señores" .
  5. Como coincidíu un fin de semana bastante bo a maioría dos xogadores fóronse todo o día para a zona do Barbanza a praia cos seus, para as 19:00 aproveitar e xogar o partido. Pois ben a iso das 17:00 horas chámannos dende o campo da Fieiteira preguntando se non imos xogar, pois o partido seique era para as 17:00 horas. Puxémonos a buscar á xente, uns non collían o teléfono, outros estaban na casa en Bertamiráns co cal lles facía falta case unha hora para chegar........ Total que as 18:15 conseguimos chegar 11 xogadores, cada un como pudo e nas circunstancias, que pudo, o resto chegou durante o partido, no descanso, etc.
  6.  O resultado é o de menos, o enfado houbese sido parecido de haber gañado, e queremos que quede claro que non facemos para nada responsable o "Mirador de Padín" do sucedido, se non única e exclusivamente a Agrupación.
  7. Posteriormente enterámonos que a Agrupación e mais Hnos Couto buscaron un equipo que lles aprazase o partido e intercambiaron os rivais, co cal nos xogamos co Mirador de Padín, e Hnos Couto aprazou o partido con "Caneda" que era o rival do Mirador de Padín, de feito ainda a día de hoxe o Mirador de Padín ten colgado na súa páxina o partido contra Deportes Caneda as 17:00 na Fieiteira. "Nos soamente esperamos que o argumento que espuxo Hnos Couto, fose o suficientemente bo para sentar este tipo de precedente, porque a partir de agora cando non veña ben un partido en particular, haberá que usalo os demais tamén e bucar un rival que nos faga caso ou nos veña ben"
  "Non é serio:
  1. A Agrupación non lle pode comunicar a ninguén na última semana o partido que vaia a ter o sábado.
  2. Non lle pode cambiar a hora e o rival con menos de 24 horas de antelación, tendo que desplazarse mais de 70 km para xogar.
  3. E por último os equipos dentro das dificultades que nos pon a Agrupación, teñen a responsabilidade de ter xogadores para comenzar a liga, senón e mellor non participar.
Pode que esteamos enganados, pero polo menos queremos que todos os demais equipos da agrupación sexades coñecedores do acontecido, primeiro porque non nos parece serio e segundo, por se algunha vez nos vemos na obriga de aprazar algún partido. 
 

1 comentario:

  1. La Peña Navegante se hace eco de esta entrada en su twitter.
    @PNavegante
    http://penhanavegante.wordpress.com/

    ResponderEliminar