lunes, 1 de octubre de 2012

Crónica Don Budi - Rosalía

Moi boas a todos, comezamos a tempada de crónicas cun pouco de retraso pola baixa por Paternidade do noso reporteiro-croniqueiro, xa reincorporado cousa que non sabe a muller.
Como xa é costume nos últimos anos, costanos "dios e axuda" empezar as tempadas con bos resultados, o ano pasado tardamos tres xornadas en puntuar, e este ano mais ou menso igual. Visitábanos outro dos veteranos da categoría, o Rosalía, que acostuma coma sempre a ter bo trato de balón e a ser un rival complicado, ademais este ano parece que ven de reforzarse co que dará bastante guerra.
Pola nosa banda seguimos a ter baixas abondo, esta semana:
  • Susito: Tamén con leas de paternidade......
  • Roi: Cas cousas de Roi......
  • Lolo: Con comida familiar, terá el falta de comer...
  • Urtubi: Que xa non sabemos si ben ou si vai....
  • Fajín: Segue en busca e captura, desde que non aparece, dixeron que xa lle medrou o pelo...
  • Neo: Que arrastraba un golpe dende o último partido de Riveira.
  • Diego: Que tamén andaba renqueante dende o mesmo partido de Riveira.
Se ten Mouriño estas baixas, suspendese a xornada, ahora mesmo estamos sen equipo "Que diría el".
En resumo que moitas baixas e moi importantes.Volvía Pepe na portería que parece que está abonado a xogar contra o Rosalía, o ano pasado os dous partidos contra eles e este ano tamén.

Coma de costume non entramos ben no partido e foi Rosalía que tomou o mando chegando en diversas ocasións ó noso área, ainda que sin crear demasiado perigo. Dispuxeron de varias faltas perto do área, nas que sempre son perigosos, algún disparo dende lonxe e pouco mais.
Co discurrir do partido foronse equilibrando as forzas, e xa tivemos algunha chegada ó área rival, ainda que sen moita sorte. Rosalía disporía dunha boa ocasión mais ou menos no minuto 25 nun tiro dende a frontal que Pepe consegueu desviar a corner.
Pouco despois contestou Gonzalo cunha boa xogada persoal, mandando o balón ó pau. Foi unha primeira parte moi intensa, cun xogo moi trabado e moito traballo polas dúas bandas.

Logo do descanso mais do mesmo, ainda que se trocaron un pouquiño as cousas e fomos nos os que levamos un pouco mais o peso do partido. Agora si dispuxemos de dúas boas ocasións por parte de Seoane, pero non definiu con precisión, e acabaron fora as dúas. Nestres primeiros intres podíamos mais por forza que por xogo, e en ningún momento ningún dos dous equipos conseguíu dominar o partido por completo.
Logo dun bo arranque, Rosalía sacudeuse o dominio e voltou a inquedar a nosa portería, outra vez a balón parado, cun bo cabezazo que Pepe voltou a desviar a corner, preto da media hora da segunda parte o Rosalía puxo cerco a nosa portería e Pepe volvería a salvar un un contra un, parecía que se nos facía moi longo o partido.
No cuarto de hora final, volvemos a facer algunha chegada por banda dereita con Primo e Gonzalo, e Rosalía xa non chegaba con tanta claridade, pero un pouquiño polo noso desacerto no tramo final e tamén un pouquiño porque xa ós dous nos quedaban poucas forzas o partido morreu así 0-0.
Visto o visto, este punto ainda que parece pouco, penso que foi abondo despois do acontecido. Di sempre o noso amigo Tuñas que "mais vale gañar un punto que perder os tres......"
  • Notas positivas:
    • Despois de moitos partidos terminamos coa portería a cero, este foi sempre un dos nosos valores, por ahí empezamos a facer equipo.
    • Ainda que non andamos moi ben, con tantas baixas como temos conseguimos sumar, e aportamos todos, que o final de tempada é o que marca a diferencia.
  • Notas negativas:
    • Temos moitísimos problemas para chegar a gol, e cando o facemos non definimos ben, a verdade e que nos falta moita xente de arriba, pero a nosa pelexa co gol, segue a ser preocupante.
    • Pulgiña..., faga quen faga os cambios, non creo que se fagan por mal, cabrearse está ben porque está ben querer xogar, pero non podemos enfadarnos no segundo partido. Ademais temos que ser un pouquiño críticos cun mismo, non sempre se anda igual de ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario