lunes, 8 de octubre de 2012

Crónica Don Budi - Rest. Rivadavia

"Nadar para afogar na beira".

Parece que empezamos a poder contar con case toda a xente, e ainda que faltemos algún de vez en cando polo menos non é o caso das últimas semanas.
Ausencias:
  • Pibe: Quitáronlle unha moa do xuício, non sabíamos que o tivera.......
  • Urtubi: Cousas da idade......bótanse de menos aqueles regates.....
  • Roi: Sigue cas cousas de Roi......
  • Seoane: Cunha microrrotura........
Visitábanos o campeón, partido que a todos nos gusta xogar, por fin contamos ca presenza de Susito que tamén acaba de ser pai, por segunda vez ainda que pareza mentira...... E tamén con Alberto que comeza unha nova aventura nesta liga, desta volta con nos no Don Budi.

Xa prevíamos que tipo de partido íamos ter, moita posesión do Ribadavia e nos que tíñamos que estar ó noso, e todo empezou tal cal, nos un pouco mais atrás do que debíamos e moitas chegadas deles, unhas veces a defensa, outras José e tamén o pouco acerto deles na definición, fixo que o marcador non tivera variación no comezo. Durante a primeira parte nos apenas aparecemos en ataque e eles apareceron demais, para o que nos conviña, ainda así no primeiro tempo o marcador non se moveu.
Na segunda parte parece que perdemos un pouquiño o medo, e cun pou mais de gañas disputamos mais, e en algún tramo do partido levamos incluso a iniciativa, pitáronnos un parde foras de xogo deses que che queda cara de parvo...O fin nunha desas chegadas de Rivadavia ó noso área, acabou en gol, un gol froito de varios rechaces e rebotes, poida que na chegada menos clara de todo o partido, pero en fin tanto vai o cántaro a fonte que....
Xusto gañador o Rivadavia, pero mellores sensacións.

Notas positivas:
  • A incorporación de Suso e Alberto, que esperemos nos den un puntiño mais que precisamos.
  • Boa actitude do equipo en xeral, competiuse e fíxose ben, esta é a liña a seguir, nos últimos tres partidos encaixamos dous goles, por ahí é o camiño.
Notas negativas:
  • O de sempre, o gol, nos últimos tres partidos un gol. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario