miércoles, 17 de octubre de 2012

Crónica Roomel - Don Budi

Cando se encontran dous enfermos, falan de todo o que lle doe, e cando se acaban de contar as penas o normal e que sigan enfermos, pois eso que de momento non demos ca cura.

Boa tarde para xogar o fútbol, e gañas tamén de facelo, con algunha ausencia que outra:
  • Roi        : Cas cousas de Roi....
  • Primo    : Asuntos do pluriempleo....
  • Gonzalo: Con permiso do clube....
  • Dani     : Nunhas bodas de ouro....había que celebralo, foi moito aguantar.
Recuperamos a Urtubi, e como non podía ser doutra forma, tamén recuperamos a 10 ou 20 regates "made in Urtubi"... 
Empezamos a xogar as 16:45 horas, o Roomel fixoo 15 minutos antes, e cando nos empezamos xa perdíamos 1 - 0. Será cousa de que temos que quentar un pouquiño, porque non sabemos a razón pero ata mediados da primeira parte non nos solemos enterar moito da película.
Tamén houbo un pouco de sorte, poido ser peor, así a bote pronto acordome de un par de paradas de José e un tiro o traveseiro neses 15 minutos.

A partires de ahí, igualouse bastante a cousa, e sen facer grandes alardes xa empezamos a acercarnos con certo perigo, nunha destas ocasións Seoane sacouse un bo tiro a portería que sorprendeu o porteiro contrario e puxo o 1-1 no taboleiro que logo xa sería definitivo.
Na primeir parte pouco mais, despois do descanso parece que tomamos mais o mando e creamos bastantes ocasións, algunhas na portería deles e outras na nosa, sorte que Roomel tampouco non anda moi fino, porque fixemos moitos regalos.
No tramo final do partido marcamos dous goles mais que o árbitro se encargou de anular, el saberá porqué e xeramos moitas ocasións que non fomos quen de concretar.
O trencilla quería que a cousa quedara así, e cansouse de pitar perigo cada vez que nos achegábamos ó área, bueno ó que el pensaba que era o área, porque "estacouse" no medio do campo e dou tres pasos para cada lado porque para moito mais non estaba.
Para rematar outra perda mais que nos poido costar o partido, e lesión de José.

Notas positivas:
  • Na segunda parte xeráronse moitas ocasións, isto ten que invitar ó optimismo.
  • Seguimos sen encaixar moitos goles, ainda que en moitos casos pareza unha miragre.
  • A volta de Urtubi, que levaba uns 10 meses fora.
Notas negativas:
  • A puntería, onde quedará a portería.......
  • Diós mío, cando divino regaliño en defensa.....
  • As lesións, o sábado foron dous, Lemos e José, que se queden ahí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario