martes, 23 de octubre de 2012

Crónica B & B Fisioterapia - Don Budi

Xa se escribe doutro xeito despois de sumar a primeira victoria, este ano fixeron falta seis partidos.
Como xa ocurría nos últimos partidos viaxamos a Bembibre con varias baixas:
  • Roi: "Cas cousas de Roi..."
  • Lemos: "Sobrecarga de partidos...e contractura no xemelgo"
  • Roberto: Para non ser menos que Lemos, tamén unha sobrecarga no xemelgo, o que son os celos...
  • Logo están Susito e Diego, que esta vez si que viñeron, e ademais acertaron o campo, eso si, media horiña tarde....
En fin, que tarde de fútbol, cunha temperatura moi agradable e partido nun campo dos míticos do fútbol federado, ¿que mais se pode pedir?.
Sabíamos que tipo de partidos se xogan alí, e esta vez si, soupémolo xogar, de ti a ti, metendo o pe, apretando, e chegando con perigo.
Partido trabado, que como case sempre se resolvería a balón parado, e en pequenos detalles.
No mínuto 30 mais ou menos, saque de banda longo, que tenta peinar Gonzalo, o balón pasa de largo e moi listo Pose anticípase a Chú e acada o 0 - 1.
Despois deste gol, ainda que non se pode falar de dominio claro, é certo que nos chegamos con mais perigo, e nun par de ocasións estivemos preto do 0-2.
Deste xeito foise ó descanso e a volta, mais do mesmo, o equipo sempre estivo ben asentado no campo, o B&B co seu fútbol tentaba facer dano, mais nesta ocasión non o acadou. Cando o partido xa estaba chegando ó minuto 30 da segunda parte Pose persigueu un balón ata o porteiro contrario, e este no intento de despexalo, mandouno contra Pose que de rebote, acadaba así o 0-2.
No último cuarto de hora, un pouco mais de presión do Dubra, as veces tentando xogar e outras veces co xogo directo, soupemos sufrir ainda que o Dubra acadaba o 1-2 no minuto 88, que logo xa sería definitivo.
Pouco despois o árbitro tragouse un penalti de libro a Primo, e así morreu o partido.
O señor trencilla fixo un mal arbitraxe, por sorte non influiuo no resultado. Na miña opinión foi casero nas pequenas faltas, e tragouse un penalti de bulto, e en ningún momento se quixo complicar.

Notas positivas:
  • Esta vez si, primeira victoria, e ademais nun campo realmente difícil e moi merecida, que é o mais importante. Moito traballo de todo o equipo.
  • Un tal Pose que leva 4 dos 6 goles que leva o equipo, todos eles de bela factura, como golpea ese chaval incluso co lombo........, entre porteiros amigos, porteiros regulares e algúns que nin siquiera son porteiros van a facelo pichichi...
  • Por encima do traballo do equipo, a seriedade defensiva, e non soamente da defensa, senón do equipo ó completo.
Notas negativas:
  • Como algúns compañeiros recoñecían ó remate do partido, marcáronnos un gol, que seguro que se foramos ainda 0-1, non nos marcaban, foi un pequeno lunar nun bo partido do equipo en xeral.
  • Duas novas lesións, José que recaía dun problema muscular e Alberto que tivo un esguince. Esperemos que quede ahí. 
Ós regates de Urtubi non sabemos ben si metelos en positivos ou en negativos, son cousas inexplicables das que ten o fútbol. Ou matalo ou vivir cos seus regates, vos diredes..........Despois da operación sígueos facendo igual de rápidos.....

No hay comentarios:

Publicar un comentario