martes, 30 de octubre de 2012

Crónica do Don Budi - Recambios Arturo

Segunda victoria, unha detrás de outra, supoño que será cuestión de rachas. Empezamos ca tempada de frío, moito frío, e coma sempre comezamos fríos moi fríos. 
Faltaban:
  • Roi: cas cousas de Roi.
  • Lemos: que estaba en persoa pero non en alma.
  • Alberto: que quixo pero que non pudo.
Seguimos ca racha de chegar canto mais tarde mellor, se seguimos así comezaremos na segunda parte.
Como decíamos empezamos moi fríos, contra un equipo todo vontade, que apretou o que pudo, e que grazas ós nosos regalos estivo a punto de poñerse por diante no marcador.
A primeira parte foi para esquecer, tivo dúas Pulgiña, pero non foi capaz de metelas. En defensa metíamos medo ata cando xogábamos nos, tíñamos mais perigo para nos mismos que eles aínda.
A segunda parte eles cederon un pouco, e nos tomamos o mando, empúrramos pero seguimos sen saber onde queda a portería contraria. Fáltanos ter un pouquiño de paciencia para poñer ven un centro, unha falta, o último pase, chegamos moito a perto do área rival, pero tiramos moi pouquiño a porta.
Rondando o minuto 30 da segunda parte, puxemos outro corner moi mal posto e no rexeite, esta vez si saeunos un bo centro e Susito nun bo remate de cabeza poñía o definitivo 1-0 no marcador.
Dende ahí ata o final, poidemos incluso aumentar o tanteador pero supoño que tampouco merecíamos mais. 

Notas positivas:
  •  Outro partido ca portería a cero, van dous de sete esta tempada, somos o segundo equipo menos goleado.
  • Os nosos dianteiros por fin viron porta, ademais cun bonito gol, que siga.
  • Ainda que nestes primeiros partidos nos costa facer fútbol, o importante agora mesmo e facer puntos e coller confianza, esperemos que pouco a pouco vaiamos mellorando.
  • A asistencia, estamo sendo un mínimo de 16  xogadores, o cal está moi ben, este fin de semana ata veu Fajín e Chucho.......con eso non contaba nin Pepe Noya.
Notas negativas:
  • Estamos chegando tarde ós partidos, e eu penso que tamén influe en como afrontamos os partidos, hasta os 15 minutos non entramos.
  • Os regalos e desaxustes en defensa, estamos tento despistes que nos poden costar carísimos, e moitos regalos ó rival.
  • Os goles, canto nos costa........

No hay comentarios:

Publicar un comentario