martes, 6 de noviembre de 2012

Crónica do partido Pepe Noya - Don Budi

Voltamos a Touro, o rival non era doado, coma sempre, ademais este ano parece que arrancaron con moita forza.
Faltaban:
  • Roi : Cas cousas de Roi.....
  • Super: Cas cousas de Super....
  • Alberto: Recuperandose ainda do nocello.
  • Lolo: Tamén cun nocello mancado, para non ser menos.
O campo perfecto, boa tarde e bo día para o fútbol. O partido plantexouse como se esperaba, con moita presión polas dúas bandas e poucas chegadas, o balón estaba mais no aire que no chan. 
A nos costábanos chegar, coma sempre, e eles tampouco o facían moito, tentandoo sempre coa velocidade que teñen en banda. Partido moi igualado, nos tivemos as nosas opcións pero co mal de sempre, non acabamos de saber onde queda a portería. Susito tivo varias pero non foi quen de acertar, nunha delas moi clara, pitáronlle falta en contra, cando a verdade e que a xogada rondaba mais ben o penalti, cousas de Montero, que coma sempre tomou decisións que marcaron o transcurrir do encontro, e decisións que como case sempre nos voltaron a perxudicar.
Mais ou menos no minuto trinta da primeira parte, cometemos un erro de marca en banda, e nunha rápida xogada do Pepe Noya, metían o balón atrás e marcaban un bonito gol a contra. Despois deste gol costounos volver a coller o ritmo de partido, e ainda que o tentamos, antes do descanso xa non volvemos a crear perigo.
Na segunda parte, Pepe Noya botouse un pouquiño atrás, buscando mais que nada a contra e nos chegamos moito mais ó área, pero sen crear moito perigo. 
Aquí foi cando chegou o show de Montero, non sei se cos árbitros temos que calar, se tamos que falar, a verdade e que non o sei, pero a realidade e que ainda nos partidos que ganamos nos vimos moi perxudicados, pode que sexa unha opinión moi subxetiva nosa, pero cremos que non.
En fin, que Pose levouse moi ben un balón no área, e cando estaba a piques de rematar, tirárono claramente pero Montero non quixo saber nada, pensamos que penalti claro..., despois desto pitounos dous ou tres foras de xogo cando menos dubidosos, e deixou seguir unha xogada de Pepe Noya en claro fora de xogo que dou lugar o 2-0. 
Quedaba pelexar e fíxose, pouco despois Pose volveu levarse outro balón no área e esta vez si cando estaba frente ó porteiro foi derribado por detrás, e Montero pitou penalti e expulsión, a impresión e que parecía que tíñamos que darlle gracias por pitar algo evidente, cando pouco antes nos acababa de perxudicar claramente. Lemos facía o 2-1 deste xeito e o partido poñíase mais de cara.
 Apretamos moito a partir de aquí, quedaba un cuarto de hora mais ou menos, chegamos en innumerables ocasión ó área de Pepe Noya, tivemos un cabezazo o longueiro, outras chegadas claras, pero non fomos quen de facer gol. Xa co tempo cumplido, nun balón que despexaron eles, nos volvemos a ter un fallo en defensa e démoslle a eles o 3-1 definitivo.
O Resumen podía ser:
  • Don Budi chegadas ó área: 33, goles 1.
  • Pepe Noya chegadas ó área 3, goles 3.
Esto é un pouco esaxerado, pero parece un bo resumen, pasaron moitas cousas no partido, foi un bo partido de disputa, o Pepe Noya xogou coas súas armas e gañou ben. Se cabe decir algo, sería da nosa pouca puntería, do señor trencilla que xa está todo dito, e do señor central número 4 de Pepe Noya, que en ocasión foi moi violento nas súas entradas, nas que pudo facer dano, o fútbol en veteranos pensamos que non é eso, porque se queremos veteranos somos todos e.....

Notas positivas:
  • Moita disputa, xogamos un bo partido se quitamos o pouco acerto en ataque, poida que o resultado fose moi abultado para os méritos duns e outros.
Notas negativas:
  • En canto pasamos de tres cuartos de campo para adiante, entranos unha ansiedade, as veces queremos xogala de primeiras cando non hai prisa, seguimos sacando faltas rápidas cando non fai falta, cando poñemos os centros ainda que logramos rematalos, facémolo en posicións forzadas e non levan perigo. Temos que falalo todos e ver de solucionalo, porque o equipo non o está a facer tan mal, penso que temos bastante precipitación.
  • Volvemos a facer varios regalos en defensa, un deles acabou en  gol, iso págase e ademais crea malas sensacións dentro do equipo.
A seguir señores que ainda non vai nin un terzo do campionato, e estou seguro que o equipo vai a ir moito para arriba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario