viernes, 16 de noviembre de 2012

Crónica Don Budi - Deportes Caneda

9ª Xornada, e xa iba sendo hora de facer un bo partido e sobre todo de ganalo. Chegou o tempo de pasar frío no Milladoiro, ademais pola noite e con choiva.
Estado da Enfermería:
  • Roi : Cas cousas de Roi....
  • Diego Vales: Cas cousas de Diego, ainda que apareceu por alí ó frío...
  • Lemos: Disque en Barcelona, ten mérito Mouriño para que este home vaia incluso a Barcelona.....
  • Super: Cas cousas de Super...
  • Lolo: Parece que lesionado, "microrrotura" supoño....
  • Pose: Supoño que para vir a cena de Sábado que ven, tería que cumplir este sábado pasado......
Presentábase un rival dos ascendidos que o estaba a facer ben, no que iba de campeonato, pero neste partido non se podía entrar con dúbidas, e a verdade e que non as houbo, dende o primeiro minuto impuxemos un ritmo, mais ben digno de partido de federados que dun partido de veteranos. Como xa é costume xeramos ocasións abondo, cun tiro o longueiro e un par de ocasións que salvaron debaixo dos paus, foron uns primeiros minutos dos que se votan de menos normalmente. Froito deste gran dominio que estábamos a ter, chegou o primeiro gol nunha fermosa xogada individual de Primo, que batía de tiro cruzado o porteiro do Dep. Caneda.
A tónica non cambiou moito, pero como nos somos capaces de todo, pois fixemos o que nos soamente sabemos facer, cando o dominio estaba a ser absoluto, tivemos un grave erro en defensa escapouse o dianteiro deles e Urtubi facíalle penalti, o que ademais do empate iba provocar a expulsión de Urtubi tamén.
¡ O que acababa de cambiar o partido en un par de minutos!, de un dominio absoluto e ir gañando, pasamos a estar empatados, cun home menos e totalmente desorientados.
Pasamos uns minutos de dúbidas, despois do empate pero logo voltamos a recuperar o ritmo, e tampouco sufrimos en demasía antes do descanso.
Na volta ó terreo de xogo na segunda parte, voltamos con renovados folgos e presionamos moi ben incluso con 10, metemos a Dep. Caneda no seu área, durante toda a segunda parte a penas chegaron o noso área, unha falta lonxana e pouco mais. Nos pola contra chegamos en innumerables ocasións, e estábanos a pasar coma sempre....., así pasaron os minutos creando ocasións, que algunha de maneira miragreira non acababa dentro da portería, cando parecía imposible.
Tivemos que chegar ó minuto 86 para facer o segundo gol, nun saque de banda de Alberto, que despois de peinar Gonzalo, era remachado por Roberto, sen dúbeda era mais que merecido. Lonxe de meternos atrás seguimos presionando, e prácticamente na xogada seguinte, nunha falta ben botada por Alberto, Roberto no segundo pau volvía a meter a pelota dentro, para que esta vez Susito fixera o 3-1.
Ainda quedaba mais, e xa xo tempo cumplido, Seoane nun saque longo de José gañaba a espalda a defensa contraria e cunha fermosa vaselina facía o 4-1, que despois de xogar unha hora cun home menos, facía fiel reflexo do que aconteceu no terreo de xogo.

Notas positivas:
  • De principio a fin, partido enorme de todo o equipo, con 11 e logo ocn 10 xogadores.
  • Marcaron os dous dianteiros e os dous extremos, parece que a xente de arriba vai collendo o tono.
  • Un equipo que levaba un comezo de tempada moi bo, sendo ainda recen ascendido, estibo desaparecido no campo, eu penso que son mais do que demostraron neste partido, e iso é mérito noso.
Notas negativas:
  • O regalo de sempre, e esta vez gravísimo, costou un penalti, un gol e unha expulsión, nun partido que tíñamos totalmente controlado. O día que corrixamos isto......

No hay comentarios:

Publicar un comentario