martes, 3 de septiembre de 2013

Presentación campaña 2013-2014

Tensión, nervios e un veran cheo de comidas, festas, vicio, alcohol, e non sigo porque non quero mentir.....
En fin, que había certa inquedanza no aire por ver eses corpos marcados, despois de seguir ó pe da letra os distintos exercicios que a cada quen lle foron asignados para estes meses de verán. E que mellor xeito que facelo nun terreo de xogo de 3ª división, nunha tarde espectacular e ademais nun derbi ante o Bertamiráns. Que este ano ademais tiña o morbo de ver a marcaxe que o mais vello dos Martínez que este ano rescindíu contrato co Budi para unirse ó Bertamiráns, lle faría a seu irmán. Finalmente non se produxo tal marcaxe pola ausencia do noso goleador e tamén da de seu irmán que sufríu unha lesión nun aduptor da que esperamos que se recupere axiña.
E alí estuvemos:


  1. Neo: ausente por vacacións, como estivo na confederacións ten unha semaniña mais para disfrutar da familia, ainda que nas redes sociais xa se comenta que pode reaparecer o vindeiro sábado no segundo e último amistoso desta intensa pretenporada, na xira polo municipal de Bertamiráns 2013. Menos Kilómetros, e moito menos cansada que as xiras asiáticas doutros. Realmente non ía voltar ata a segunda xornada de liga alá a finais de setembro, pero un ve o que lle pasou a Casillas, que parecía incotable e a temblar.....
  2. Pepe: ausente tamén......, bueno ausente non, estar estivo, nuns intres mais ca noutros, imos definilo como unha actuación "aseada", deixou a portería a cero, ainda que a xente coma Loliño lle parecese imposible....non sabemos se foi pola pouca puntería da flamante nova dianteira do Bertamiráns ou pola súa actuación, en fin que non había outro......
  3. Minuco: enorme, coma siempre dos primeiros en chegar, outra desmostración do que é un capitán dun equipo de fútbol, sobrio, elegante e con unhas incorporacións en ataque, que estiveron a piques de frustrar a fichaxe do Bale ese polo Madrid, hasta se animou con tiros a portería dende a distancia, que Urtubi e Lemos ainda non entenderon hoxe, será que non teñen cabeciña para tanto..... Se lle podemos poñer algún pero sería que nos faltou algún deses detalles técnicos que sempre nos deixa coa dereita.....
  4. Dani: Vamos a ver, se Dani mentras non chova e el poida ver a pelota ainda vai cumplindo, o carallo vai a ser cando orballe, ou cando se faga de noite, vamos que a ver se Lagares lle pon os partidos as 14:00 horas, outro incomprendido...Según declaracións súas despois do partido, "encontrouse perdido sen Luis"....
  5. Luis: non é certo que non viñera, o partido foi as 19:00 horas, cedo, moi cedo pa el, chegou o Budi sobre as 22:15 da noite... na súa liña. Este home estanos lesionado, pensábamos no peor, falábase de rotura do cruzado, pero por suerte collémolo a tempo....despois de 4 semanas foise mirar e seique non está roto completamente e que con recuperación terémolo no campo mais ou menos en 2 meses. Aquí tivemos sorte que o ligamento rompe tan amodo como o seu dono, e non lle dou tempo de romper de todo en mes e medio que levaba coxo.....
  6. Lagares: Puntual, está empatado con Minuco, chegaron os dous antes cos demais, supoñemos que lle fará mais falta quentar....Na súa liña, lateral con proxección, iba para carrileiro rápido, pero como agora é funcionario xa non pode correr, e seguenos deleitando e disfrutando do fútbol en ataque estático, neso cada vez mais o noso equipo está mais conxuntado... Agora xa entendo aquelo de que corra o balón...
  7. Urtubi: Empezou de carrileiro e acabou descarrilado.....non acabou de encontrar o seu regate, deleitounos cun lanzamento de falta sacado rápido para sorprender o porteiro rival, e fixo, realmente que si, o porteiro, o árbitro e hasta a nos, o balón foise fora de todos os xeitos, menos mal que o arbitro finalmente pitara falta dentro e o penalti marcouno Lemos, o noso Urtubi que nos tocou nunha tómbola.
  8. Alberto: No estaba muerto, estaba de parranda... ou algo así, despois de mais ou menos 8 meses volvía a xogar en condicións, o mister probouno en canto sitio hai, non sei se será a ver se o aburre....ou o mellor e que non se acorda del e non sabe onde xoga, bueno en fin, venvido outra vez.
  9. Primo: Esta si que foi voa, o mister puxoo de dianteiro, xa corre pouco cando o mandan xogar pegadiño a banda, pois imaxinadevos no medio do campo con non sei cantos ferrados arredor para correr. En fin que a pouquiño que un par do resto den corrido canda el igual hasta conseguimos rematar algún balón dos que centra. 
  10. Pose: El por alí anduvo, pero como falar non fala moito, e iso que o árbitro era Tiburón que sempre o motiva un pouquiño mais, pero esta vez nada. Collendo forzas, un par de cesións ó porteiro rival e pouco mais, a el o verán non lle acaba de encaixar...houbolle que andar poñendo tiritas nos pes.
  11. Ernesto: Volvía despois de 6 meses, despois dunha lesión parecida a de Luis, desas malas de encontrar e peor de curar. Ós 12 minutos díxolle ó mister que o cambiara a el de primeiro, neses xestos e cando un se da de conta de que está plenamente recuperado. O miolo funcionalle perfectamente, co calor que facía non era hora pa xogar, se eso na segunda parte.
  12. Lemos: Pouco falador para o que é el, marcou de penalti asumindo a responsabilidade, e posteriormente volveu enganchar con Minuco, outro xesto nos que te das de conta que está ó cen por cen, notou moito a ausencia de Pulgiña e a de Susito......el e mais todos, oes que tranquilidade....
  13. Seoane: Non me digades como, pero o tipo adelgazou, xa o sei parece incrible pero é mais pequeno ainda, ahora correr corre mais ainda, que tipo....que banda esquerda outro ano mais............
  14. Lolo: O tipo marcou....non estaba Susito e asumeu a responsabilidade, na segunda parate xogaba el e mais Seoane de dianteiros, parecíamos o Barcelona dándolle oportunidades a canteira, a xente o que quere e darlle partidos os chavales....
  15. Susito: Tiña boda, a verdade e que cando non está tamén nos acordamos del, "Te echamos de menos", lo mismito que normalmente "Te echamos de más", ninguén se cabreou no campo, non sei, facíasenos raro, "vuelve ya", o municipal non é o mesmo sen ti.... Estamos facendo unha colecta para que alguén se encargue de lavarche a roupa e traercha, porque sen teu irmán non imos dar ganado para uniformes.
  16. Super: El mismo, chegou mais tarde que Minuco e Lagares......como unha hora mais tarde, pero chegou...estes desplazamientos van a acabar con el....
  17. Roi: Disque ten pedido dorsal, leva un ano e medio co dorsal pedido, de feito o uniforme do ano pasado, hai prendas que ainda non as estreou, tal cal eh, non esaxero, que cartiños tirados na ficha do ano pasado.......imos a definilo como un "ilusionado de larga duración"......
  18. Marcos: Este é unha das flamantes incorporacións, ghuapo, alto y fubolista, lo tiene todo, amigo del fútbol combinativo, ghustoulle o inspector, ¿porqué será?. Como los pongamos juntos, os outros 9 a correr, este ano creo que deixn xogar con dous balóns. Que é coña home venvido, e non te preocupes xa aprenderás a darlle "velisquiñas", que en veteranos sobre todo estamos para aprender.
  19. Lino: Un tipo extraño este Lino, tamén é dos novos, púxoo o mister de carrilero, hasta chegou a marcar un gol, e despois prefería xogar de lateral atrás, seique que lle gusta mais, raro raro raro, dislle eso a Lagares ou a Urtubi y "no los vuelves a ver". Bo rapas, de Rois, e xa son oito de Rois, a directiva por fin está collendo sentido........
  20. Martín: Se lo veo crudo, zurdo, lateral, municipal, van a coincidirlle os turnos todos os sábados pola tarde, bueno si eso os días que Minuco non poida xogar, que non serán moitos igual lle cambian o turno. Venvido aquel. Na segunda parte non lle acordou de sair ó campo, complexidades do sistema de competición, xa o irás collendo, en veteraos xogamos dúas partes........
  21. Roberto: O mellor partido que se lle recorda, como usaba a libreta, como observaba desde o banquiño para despois contarlle todo o mister..., canto se votaba de menos nese noso medio do campo, home de xogala de primeira, e as veces hasta de última...Que se recupere usted hombre, a ver si é ese fichaxe de inverno que todos desexan.
  22. Gago: Non está e on sei si se lle espera....tamén estará de vacacións despois da confederacións...ou algo, eso si polo ghuasá ta todolos días, despois virá e pedirá dorsal e mais posto específico no campo.....O único posto que ten fijo é o de Santa Comba.....
  23. Fajín: a eterna promesa, por algún erro de loxística, non apareceu no partido, oportunidades coma esta levánselle pasando nos últimos anos, e con elas o sol pola porta, despois de Kaka un dos fichaxes menos rentabilizados do fútbol español. Eso si este ano polo menos temos derbi en Negreira.
  24. Tuñas: No seu sitio, bueno a verdade e que o campo de Bertamiráns non lle gusta tanto coma o do Milladoiro, non é amigo de salta valados para ir a buscar os balóns ó colexio, el é mais de correr detrás deles polo polígono do Milladoiro abaixo. Venvido tamén.
  25. Luisiño: Apareceu coma un clavo na segunda parte, para quentar e estar para o postpartido, en extraordinaria forma, pegado a barra do Budi como poucas veces, bravo tamén.
  26. Chucho: ¿y quien es el?, ¿a que dedica el tiempo libre?......, o equipo está desolado, pide unha cea rápido para tratar este tema e ver de recuperalo. Vuelva a casa por diós....
Espero que non quedara ninguén, bueno pois esto todo xúntalo e ainda que pareza mentira ven de ser 3º nesta liga nosa durante os últimos tres anos. Desexar que Roberto e Luis se recuperen cando antes, e que esto bote a andar.
Un saudo tamén para Gonzalo, Toñito, Pulgiña que este ano non seguiron con nos pero que tamén son parte da familia do Budi, ata cando queiran.

Bueno vémonos sábado as 19:00 horas en Bertamiráns, coma sempre, ghuapos, aseados, peinados e con todo feito da casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario