lunes, 9 de septiembre de 2013

Don Budi - Peña Navegante

Sábado 7 de setembro, mais fresco ca semana pasada, seis e media da tarde, e alí foron aparecendo os do Budi, todiños ca siesta botada coma se dun grande equipo se tratara, o mellor non é mala idea isto de xogar as sete da tarde....
Non houbo ausentes, so Roberto con permiso do clube para recuperarse no Grobe, colocando plaqueta, se aprendera seu irmán que tanto cespede e tanta historia, unha plaquetiña rústica e acabouse o problema.
Respeto ós que non foron puntuales, Super sigue cos problemas dos desplazamentos, tentaremos poñer o partido as 20:45 horario champións, a ver si así..... E tamén Luis, ainda que esta vez chegou antes de que acabara o partido, vese que vai collendo ritmo...
Polo demais alí estaban todos, Neo que non viñera a semana pasada, en forma despois dunha boa pretemporada e Susito co bolso feito por seu irmán, disque Diego non se afai a que o faga súa cuñada, seica eso é cousa del..... E si, foi verdade, apareceu tamén Gago, era el, non soamente un ente que aparece no "ghuasá", existe e é humano de verdade, xogador de fútbol, cativeiro pero xogador de fútbol....
Desta volta éramos ata vinte xogadores, úneusenos tamén Fran, que ainda que finalmente parece que non se incorporará agora ó igual ca Martín, desexamos que se sentise cómodo con nos e que siga en contacto co equipo, que nesto dos veteranos hoxe somos vinte e mañán dez.
Bueno, falemos algho de fútbol, marchamos todos pa casa con boas sensacións, por varios motivos, porque tanto o Budi coma o Navegante fomos ó campo a pasalo ben, a xogar ó fútbol, e a divertirnos, e eu penso que o acadamos. Os dous equipos quixemos xogar, e salvo algún percance propio do fútbol, foi un partido moi entretido e sen nada reseñable, mais ca fútbol, como ten que ser.
Se temos que sacar conclusións, foi un partido con cousas moi interesantes, conseguimos ter bastante fluidez, que a estas alturas non é doado, combinouse ben e con bo trato do balón, e en ambas metades chegamos con claridade á portería contraria, ainda que con distinto acerto. En defensa non se pasaron demasiados apuros, ainda que o Navegante dispuxo das súas ocasións, estes partidos son mais para o ataque que para as defensas, e tamén nos dou pe a ver algunha intervención de José desas dignas de fotografar, as que nos ten mal acostumados.
Ó equipo en xeral veselle con frescura, fisicamente ben, soa raro pero é verdade, acabamos ben a tempada pasada, e parece que tamén imos a comezar fisicamente ben esta.
Marcamos tres goles de moi bela factura, un de Pose, que con tranquilidade pasmosa concluíu unha bonita xogada de ataque despois dun gran cambio de xogo de Loliño. O segundo despois dunha xogada de todo o equipo, que Gago deixou de tacón para que Lolo marcara case a pracer. E o terceiro, deses que se soen repetir na televisión tropecentas veces, dende corenta metros de Marcos ó coller ó porteiro adiantado, verdadeiramente bonito (pa min que era unha apertura a banda para que correse Primo....el di que non).
Antes disto o Navegante, xa nos dera unha mostra do que deberíamos saber, aquí ninguén e coxo, e nunha xogada trenzada plantaronse diante de José e marcaron un fermoso gol, nesta ocasión non estivemos atinados en defensa, o equipo en xeral, que non soamente a defensa. Sírvanos isto de exempro, moito xogo, pero comenzamos perdendo, e isto nun partido de liga, sería mais perigoso.
Penso que o resultado final foi xusto, o Navegante tamén tivo as súas ocasións, pero no cómputo xeral penso que o Budi foi superior, mais se cabe cando presentou practicamente dous equipos, ca complexidade que isto conleva.
Pero acabáronse as probaturas, a semana que ven comeza a liga, esperemos que o comezo sexa distinto ó dos últimos anos, nos que sufrimos moito para acadar vos resultados ó empezar.

  • Que gustou:
    • O equipo en xeral, a disposición, as gañas e o bo tono físico xeral. Non todos os equipos xuntan 21 xogadores para xogar un amistoso.
  • Que non gustou:
    • Xa sei que ha de haber quen diga, xa está este poñendo pegas, pois ben así é, antes de comenzar ó partido houbo varios compañeiros que fixeron comentarios pouco positivos doutros compañeiros de partido, penso eu, e tamén pensan moitos de nos, que non é de recibo, primeiro toca facer autocrítica que ningún estamos para votar foguetes, e despois apoiar os compañeiros. Se toca tamén nos podemos rir, e rirnos todos, antes que nada, cada un de si. Sen mais, xa pasou.
Iremos falando pola semana, aquí e mais no ghuasá, bicos e apertas.......






No hay comentarios:

Publicar un comentario