domingo, 15 de septiembre de 2013

USC - DON BUDI

Botou a andar a tempada 2013-2014, coma cada ano volvemos a escola no mes de setembro, esta última frase non é de todo certa, ter teríamos moito que aprender ainda, pero coñecéndonos non sei eu si estaremos moito pola labor......
En fin que despois do xogo do despiste o que xa nos ten acostumado a nosa querida Agrupación, tocounos comezar xogando en Calo, con outro dos xa habituais desta división de honra o USC, e alí estivemos, cedo 16:15 horas, mais ainda se cabe porque despois de nos non xogou ninguén.......?????.
Arbitraba un clásico, o noso amigo o señor Camino.
Antes de comezar tivemos a nova, talmente coma no Madrid con Cristiano, da renovación un ano mais do noso compañeiro Fajín, despois dunha pretempada chea de filtracións, sobre a súa posible marcha, o final renovou e pensamos que é moi posible que remate a súa carreira deportiva con nos............ A noticia en si xa foi importante abondo, pero mais se cabe porque este ano volve haber derbi co Negreira, e neses partidos as súas subidas e baixadas pola banda non teñen parangón, si si, falamos por fora da valla, mesmo a pegadiño a cantina, as do campo xa pasaron a mellor vida.
Ben pois con esta ledicia, comezamos un partido ó que acudimos 15 compañeiros dos 18 que actualmente podemos contar, faltaban:
  • Pose:  de boda, terá Pose falta de bodas, votou medio partido ghasapeando, se viñera xogar aforraba os cartiños, e xa miraríamos nos onde emplealos....
  • Dani:   de boda, manda cara..., pois ca que está caendo e este mesmo sábado casaron polo menos catro.
  • Gago:  este non iba de voda, este anda de luna de mel, ou de zucre, ou de eu que sei, casar non casou, que vive en pecado, se sentara a cabeza e se fixera en home, este ano haber se facemos ben del.
E estaban o resto: Neo, Pepe, Alberto, Lino, Urtubi, Lagares, Minuco, Primo, Ernesto, Marcos, Lemos, Seoane (o Seoane malo, o bo ta no Lugo) Lolo, Super e Susito.

Tamén apareceu Roberto, non podíamos pasar sen contar con el, bo coñecedor do terreo de xogo, sabía onde encharcaba, onde había pedra, aconselloulle a seu irman que non trouxera as "marco de aluminio", este home ahora que no pode xogar é coma o enano de Gila, non mata pero acáballe ca moral a calquera...Importante traballo o seu.

E como non tamén acompañaba Tuñas, e mais a nosa afición feminina que non falla nunca, un día teremos que facer un partido na súa honra, moito premio non é, se cadra prefiren que non haxa partido algún sábado.

Bueno ó que vamos, o Budi de case sempre, o USC de sempre, moi ben plantado e con saidas perigosas, sempre saben que facer con balón cando recuperan, neste campo apretan moito, e non é doado xogarlles. Nos fomos mais Don Budi ca nunca, pelexa e varias ocasións claras no inicio pero faltou acerto. Alá polo minuto trinta mais ou menos da primeira metade, balón longo dende corenta metros, gañannos as costas e acadan un fermoso gol, que xa nos empezaba a complicar o partido. Dende aquí ata o final da primeira parte estivemos un pouco perdidos e eles chegaronnos en varias ocasión moi claro, ainda que Neo a verdade e que non tivo que intervir.
Namentres, nun balón longo ó área, un defensa deles empuxou dunha forma evidente a Marcos, e o árbitro sinalou o punto de penalti, que nos podía facer igualar o partido. O penalti ainda que un pouco absurdo, pareceu claro. Dispúxose a tiralo Lemos, e o porteiro detivollo, el dixo que estaba a herba moi alta, e que tropezou, outros compañeiros que fora cesión, e que se debería repetir... en fin que unha ocasión mais po nabo.
Deste xeito chegamos ó descanso, ca sensación de que merecéramos mais, pero por detrás no marcador.
No comezo do segundo tempo mais do mesmo, a nos seguíanos costando chegar e eles con contundencia e balóns longos déronnos algún que outro susto. 
Aproximadamente no minuto setenta de partido, nunha fermosa xogada pola banda dereita, Primo poñía un centro e Seoane deixaba atrás para que Alberto que entraba no área, fixera un fermoso gol cun remate que primeiro petou no longueiro facendoo se cabe mais espectacular.
Despois do empate o USC recuou un pouco, facéndose patente xa os minutos de partido e mais o feito de que xa non foran por diante no marcador. Nestes minutos dispuxemos de varias ocasións mais, e así no minuto oitenta aproximadamente, Ernesto sae co balón dende atrás e habilita a Primo que entraba ben por banda, que pon un bo centro para que Susito na boca de gol e coa cabeza acadase o gol que a postre sería o da victoria.
Dende aquí ata o final, pelexa polos dous bandos pero poucas ocasións e victoria moi traballada.

O detalle: 
  • Acabamos o partido fundidos, uns e outros, pero é significativo que xogadores coma Seoane ou Susito pediran o troco, e moitos outros compañeiros acabaran pedindo a hora. Así se gañou o partido, nos acabamos moi cansos, eles mais e o partido gañouse ó final.
Que gustou:
  • As gañas, xogouse un partido aceptable, con momentos mellores ou outros peores, pero con intensidade, partido moi disputado que desta vez caeu do noso bando, nos cremos que merecidamente. Se se pon este tesón en cada partido, vai ser moi difícil que nos gañen moitos partidos.
Que non gustou:
  • Por poñer pegas, que nos gañan as costas nun balón longo dende corenta metros, e pouco despois noutro balón parado a piques estiveron de volvernos marcar nun remate compretamente sos diante de Neo. Tanto traballo durante os noventa minutos, non podemos deixar que nolo leven en dous balóns parados. Temos que facer que os contrarios non lle chegue con ser ordeados atrás e aproveitar algún balón parado.
Despois de dúas tempadas, comezamos gañando, que non quede ahí, no campo vésenos con gañas, e fora del cas de sempre, ahí si que se respira un ambiente fenomenal, pode que isto siga a ser o mais importante.

Ata a semana.

A anécdota:

  • Super e Susito estreaban botas, caralludas para un día de néboa, non se perden oh, está ben que as compren os xuvenís do Bertamiráns, pero vos tendes corenta anos, soamente falta que lle poñades o nombre coma Pose. Aquí neste punto é onde se ve que queda moito traballo por facer........


No hay comentarios:

Publicar un comentario