miércoles, 25 de septiembre de 2013

Don Budi 2 - Kirs 1

Tocaba despedir o verán, 31 grados, todos contados 1, 2, 3......hasta 31, es lo que tiene Bertamiráns, pois eso que tocaba poñerse moreno..., e alí aparecemos, todos menos:

  • Pibe : De boda...., ten coña o das bodas, vese que perdemos kilos de mais no verán e estamos tentando de recuperalos.
  • Lagares : Cas categorías inferiores, non el non xogaba, foi de "socio colaborador", ver ós rapaces, a mais dun boa falta nos faría, a ver si aprendemos algo...

E os demais alí estivemos, Neo, Pepe, Lino, Dani, Urtubi, Alberto, Minuco, Primo, Seoane, Pose, Marcos, Super, Lemos, Lolo, Gago e Susito. Tamén viñeron eles, uns catorce mais ou menos, tiñan boda....., nos temola esta semana non creo que sexamos mais de 12, ó mellor tamen deberíamos pedir o aprazamento do partido ó Ribadavia.........Poida que a alguén lle soe mal, pero deberíamos de ser mais serios, temos ido xogar nos últimos anos moitos partidos once ou doce xogadores, é o que hai, somos veteranos, temos que aplazar os partidos cando realmente non temos xente, senón na agrupación despois tómannos polo pito dos sereno.

Para mais lustre do partido, apareceron tamén, Tuñas coma sempre, Roberto, ¡¡¡que primeira volta está facendo Roberto!!!, ó mellor aporta mais neste novo posto.....xa veremos, Luis que chegou ó campo cando ía empezar o partido, á grada bastante despois...., e por fin "Chucho", si señores créanselo, era el, alí ó sol, con 31 grados, así non se pode perder, mais ainda se cabe ca nosa afección que nos acompaña cada semana.
O partido non poido empezar mellor, minuto dous Lemos habilita a Loliño que lle gaña a espalda a defensa contraria e deixa solo a Susito para que faga o 1-0, deixouna moi ben Lolo, era mala de quitar de dentro......, o noso goleador xa conta os partidos por goles.
E semellaba que se acabara o partido, a partir do gol, xogou o Kirs, bastante ben por certo, e nos deambulamos polo campo, mallados polo sol e tentando que non nos empatasen. A primeira parate foi mais deles que nosa, ainda así Primo tivo unha ocasión clarísima que se lle iría fora por pouco, xogamos mal, e aina así chegamos de cando en vez con perigo. Eles en ataque non se prodigaron demasiado, acordome de unha chegada moi clara pola súa banda dereita, pero sen consecuencias, semellaron ser un equipo ben posto no campo, que tenta de xogar ben ó fútbol pero sen demasiada pegada na parte de arriba.
Despois do descanso cambiou bastante a historia, eles baixaron bastante, o calor pasaba factura, e nos empezamos a chegar con moita claridade, ainda sen xogar ben. Tivemos catro ou cinco chegadas clarísimas e non remachamos coma case sempre. Nunha xogada moi peleada por Seoane, un defensa deles acababao arrollando, e o artibro pitaba penalti, discutido porque eles dicían que fora fora do área, nos que encima da liña, difícil de ver. O árbitro neste caso asubiou penalti que transformou Urtubi, sobre o que pesaban todalas miradas, incluso  a do inspector que non sabía se querer que o metese ou que o fallase, por aquelo de que alguén mais soportara as mofas.....parece mentira non confiar algo mais en Urtubi, pena que nos penaltis non se poidan facer regates, que senón......
Co dous a cero semellaba encarrilado, faltaban 20 minutos, chegaron algunhas oportunidades mais, pero nos tampouco somos de gañar fácil, así que neste caso Alberto colaborou ca causa da taquicardia, e perdía un balón en defensa que dou lugar o 2-1 que a postre xa sería definitivo.

O detalle:

  • Seguimos a ter unha afluencia digna de eloxio, dos que poden xogar e sobre todo dos que por lesión non poden, chapó para todos, baixas temos coma todos pero deste xeito lévanse mellor, no postpartido prácticamente pleno.

Que gustou:


  • Seguimos a ser un equipo consistente en defensa, concedendo poucas chegadas ó contrario, en partidos nos que as cousas non saen de todo ben en ataque, é a única forma de sacalos.

Que non gustou:


  • Vellas costumes, fallamos infinidade de ocasións, nalgúns casos non coñezo ben a razón, concedemos un gol de onde non había nada, o cal pode ser bastante mais grave que nesta ocasión, e tampouco gustou o ritmo de partido, moi moi moi cansino, é certo que o día non axudou moito, que sexa por eso logo.
En fin que dous partidos, seis puntos, a seguir así, sábado toca Regalos Trasnos, paratido complicado, mais se cabe porque acudimos sen Pose, Neo, Susito, Gago e poida que Alberto, son eses partidos que gusta xogar. Xoguemos pois, que tamén sabemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario