- Gago: De boda, sona a broma pero si de boda, levamos tres xornadas e parece que levamos 26 bodas.
- Pose: Si, tamén de boda, e dalle cas bodas.
- Susito: Escoiten señores, créano, de boda e ademais en Madrid.
- Alberto: este non tiña boda, este tiña festa, Santa Minia.
- Neo: Cursillo, terá el falta de aprender á súa idade, chovía oh, xa verás como a semana que ven que dan bo tempo aparece....
- E mais os nosos de larga duración, Roberto e Luis, ainda que este último tamén apareceu polo campo.
Se somos condescendentes, se nalgún partido podíamos ter estas baixas, era neste, é un partido que ó fin podes perder de todos modos, ainda que a ninguén lle gosta sair goleado. Os que estivemos este sábado, non fixemos o mellor partido, xa perdíamos ós 5 minutos, un par de erros infantís e o partido estaba decidido, ainda porriba tampouco dispoñíamos de recambios ofensivos para tentar cambiar o ritmo do partido e este fíxosenos moi longo. Moitas ocasións deles, e unha segunda parte que a toro pasado podíamos decir que sobrou. Foron 5, poideron ser mais, hai que pensar que é unha derrota e punto, algunhas veces doe mais empatar como o ano pasado, cando merecemos gañar, que perder coma este sábado non que non fomos rival.
Que gustou:
- Pouco, se temos que dicir algo, imos dicir que xa se acabaron as bodas, que non é pouco, o partido foi horrible, non hai mais.
- Pola nosa parte, a actitude en xeral, non estivemos en disposición de disputar en ningún momento, así non se lle fai frente a ninguén, que sirva para aprender. Segundo penalti fallado de tres tirados.............vamos calar.....
- Pola súa, certas actitudes e comentarios no campo, que non ían a ningún sitio, mais gañando por cinco goles de diferencia, se cadra ainda acordan partidos anteriores, porque senón non o explicas. Tamén hai que decir que non se pode xeralizar.
Deica sábado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario