lunes, 31 de octubre de 2011

Xogador da semana 7ª Xornada

Esta semana tal honra vaina a levar "Urtubi", fixo un moi bo partido, posiblemente o mellor desta tempada, na primeira parte amosándose moi seguro atrás e con un par de arranques de xenio estilo Beckenbauer.
Como colofón a este impresionante partido, regalounos un mais deses xestos técnicos que atesora no golpeo de balón, e que finalmente dou lugar o empate.
Están analizando en Nike como poden contrarrestar ese tipo de golpeo sen que rompan as costuras dos balóns, por outra banda tamén ten moito mérito Roberto, que se atreveu a meter a cabeza con risco de ser arrancada. Ningún defensa do Ribadavia se atreveu a metela cabeza pero o seu entrenador non llo poido reprochar, non vimos aquí a xogarnos a vida.
A directiva do Budi vai a valorar o longo da semana se é aconsellable quitarlle ou non a unlla o balón.

Noraboa Urtubi


Crónica 7ª Xornada Ribadavia-Don Budi

Hola a tod@s:

"fútbol es fútbol", é pódese xogar tocando coma o Barça, a contra coma o Madrid, pinchándoa coma o Vespertiños de Arriba, etc. Todo é fútbol, cada estilo é bo si sabes o que xogas e ademais che da resultado.

Este sábado tocaba visita ó "Mesón Ribadavia", pero como tiñan problemas de horarios co campo finalmente o partido disputouse do Municipal de Bertamiráns. Disfrutamos dunha tarde moi boa para un partido dos mais interesantes da liga.
Esta vez poidemos asistir todos excepto os lesionados, Gago, Sito e Cambón.

Xogamos contra o que posiblemente é, para moitos, o mellor equipo da categoría, no que se refire ó xogo que desplegan, a velocidade a que o fan e a calidade dos seus xogadores. 
Empezamos con demasiado respeto, e a verdade e que a primeira media hora non vimos o balón, o Ribadavia moveu o balón con moita velocidade e tamen con moito criterio e nos non estivemos demasiado atinados en defensa. Non supemos cerrarnos ben, faltaron axudas e sufrimos moito pois chegaban con bastante claridade as inmediacións do área, si ben non tiveron remates claros. Se ademais engadimos que nos non conseguimos sacar o balón xogado e que nos duraba moi pouco, pois os problemas multiplicanse. 
A partir da primeira media hora empezamos a aguantar un pouco mais o balón e eso permiteunos asentarnos mellor no campo, e non sufrir tanto. Sen embargo nun saque de banda preto da nosa área, o Ribadavia puñía un bo centro e cun gran remate de cabeza, ante o que nada poido facer José, acadaba o 1-0.
Dende ahí ata o descanso pouco mais que resaltar, si acaso un par de arrancadas de xenio dende atrás que protagonizou Urtubi, cas que inquietamos un pouco o Ribadavia pero que tampouco nos supuxeron opción claras de gol.
Moi pouquiña intensidade nun partido que nos esixía a máxima, o mellor foi que no fomos vivos o vestiario.

Neste tipo de partidos nos que o rival se mostra así de superior, a ti nada mais que che queda unha opción, apelar o pundonor e botarlle un par de h.......
De eso falamos no descanso, e de que sabíamos facer bastante mais do que mostramos na primeira parte, na que estivemos moi medosos.

Así a decoración cambiou bastante na volta o partido, Ribadavia xa non chegaba tan doado e nos empezamos a aparecer pola área contraria, se ben de xeito bastante esporádico.
Neste intre e pouco mais que empezada a segunda parte apareceu o árbitro que ata o momento pasara bastante desapercibido, Luis poñía un balón longo a espalda da sua defensa e este era cortado coa man, dun xeito moi evidente no que suporía o segundo cartón amarelo para o xogador do Ribadavia, e decimos suporía porque o señor "Montero" despois de pitar a man, non so non lle sacou cartón senon que ademais dixo que non estaba seguro de que fora man, digo eu e entonces que "coghones" pitou, en fin "Montero".....................
De seguido no borde na nosa área o Ribadavia lanzou unha falta e a José escapouselle o balón, no rexeite, tamén protestado por un golpe que levou José nunha man, o Ribadavia acadaba o 2-0, que parecía xa a estocada definitiva.

Sucedía esto a falta de 20 minutos para o final, e visto o visto o partido estaba moi complicado, parece que esto nos quitou o peso da responsabilidade, e un pouco porque lle puxemos mais ganas e outro pouco porque o Ribadavia nos deixou algo mais, fomos acercándonos con perigo pola área contraria. Pose tivo unha ocasión bastante clara de cabeza que non supo finalizar e pouco despois Susito baixaba ben un balón no área e era obxeto de penalti claro, ainda que un pouco absurdo. Este foi transformado por Luis e voltábanos a meter no partido a falta de 5 minutos para o final. 
Nestes minutos nos que pode mais o corazón que a cabeza, extrañamente foi nos que mellor xogamos chegando por banda e poñendo en risco o Ribadavia, así chegou a xogada clave da tarde, Urtubi chegou ben por banda dereita e despois de tentar irse varias veces do seu marcador e non o conseguir, obtou por darlle un "punteirolo" o balón, que con tanta precisión transformouse nun centro medido que Roberto convirtíu no definitivo 2-2.
Sexamos xustos, de cada 100 veces que o intente Urtubi, 99 veces temos que ir buscar o balón ós pinos e outras tantas veces o normal e que rompa a bota ca forza que lle dou, pero bueno como decíamos o principio "fútbol es fútbol", e se o fixera Cristiano estarían os do marca analizando a traxectoria que describeu o balón despois de un golpeo perfecto e bla bla bla......
De aquí hasta o final, ainda que non quedaba moito, houbo oportunidades para que calquera dos dous equipos se levase o partido, pero xa non se movería o marcador.

Notas positivas:
  • Seguimos sumando.
  • É o primeiro partido que imos por detrás e non acabamos perdendo.
  • Remontadas contra equipos coma este, dan un plus para o que queda.
  • A última media hora fomos o equipo que botábamos de menos, cunha intensidade coa que é difícil que calquera outro nos supere.
  • Seguimos a ser xunto co Ribadavia o equipo menos goleado da categoría, e eso en partidos coma o do sábado mantúvonos vivos.
Notas negativas:
  • No primeiro tempo mostramos demasiado respeto, e tivemos sorte de salir vivos.
  • Seguimos a ter problemas a hora de xerar ocasións e marcar goles, somos o 4º equipo menos goleador.
  • O igual que en xornadas anteriores, volvemos a ter problemas co árbitro dende o banquiño, nesta ocasión non foi o mister, pero os demais tamén temos que colaborar, pois ainda estando en posesión da razón, certas actitudes non nos dan resultado ningún, mais ainda cando os xogadores no campo mostraron en todo momento unha actitude exemplar neste sentido.
Conclusión:
  • Se somos xustos no 80% do partido, fomos inferiores o rival, a un moi bo rival, pero esto tamen nos sirve para darnos de conta que cando imos gañando temos que saber cerrar os partidos, e cando imos perdendo que hasta que se acaba hai que pelealo.
  • Noraboa outra semana mais por sacar algo positivo, mais dun partido complicado coma este, e tal e como se puxo, estamos millorando pero ainda nos falta..............................................................

lunes, 24 de octubre de 2011

Xogador da semana

Imos instaurar esta nova entrada semanal, mais que nada para rirnos un pouco de todos nos.
Esta semana vámosllo dar a Neo, que sacou un par de mans salvadoras, pero ben o poidera levar Susito, o único home capaz de manter a tensión do partido ata o minuto 90 sexa quen sexa o rival.........

domingo, 23 de octubre de 2011

Crónica Don Budi-Roomel 6ª Xornada

Moi boas a tod@s:

Semana de bonito, todos guapísimos incluidos vellas glorias, para sacar unha de esas fotos que despois cando ves colgadas nunha parede provocan mais risa ca emoción. Bueno o seu propósito é o recordo e para eso seguro que sirve.

Esta semana estábamos de estreno, ainda que xogábamos de locales tivemos que desplazarnos ó Milladoiro onde estreamos o novo campo Municipal. Un pouco mais pequeno que o de Bertamiráns, que para os veteranos non ben mal. Da gusto xogar nestes campos de última xeración, pena que algunhas das instalacións parezan estar deseñadas por xente que non debeu xogar moito ó fútbol. De todos os xeitos venditos sexan.

En canto ó meramente deportivo, esta semana non pudemos contar con Cambón e Sito que siguen lesionados, ademais Gago tampouco nos poido axudar no campo pois sufreu un accidente de coche que por sorte non lle ocasionou problemas físicos, do cal nos alegramos moito. 
Polo demais todos presentes, ainda que Pibe non participou por precaución cuns problemas nun xeonllo.

O partido tal e como se prevía empezou con moita pelexa en medio campo e pouca chegada a áreas. Sendo sinceros o Roomel incluso empezou o partido mais metido ca nos dándonos algún que outro susto.
Fixeron falta case 30 minutos para que apareceran as primeiras ocasións pola nosa banda, algunha de elas clara ainda que coma sempres supoño que "clara" para nos non significa que se vaia a materializar.
Pouco despois Super combinou ben con Susito que se revolveu no área e seu dispara non foi quen de agarralo o porteiro do Roomel, o rexeite pelexouno moi ben Primo que acababa de entrar no campo para acadar o único gol do partido. É curioso que a xogada fose obra dos tres compañeiros que acababan de entrar no campo, eso é o que se chama entrar metidos.
Por outra banda a defensa segue a estar moi segura, igual que nos últimos partidos e cando existe algún desaxuste aparece algunha man salvadora de Neo.
Así chegamos o descanso, nesta primeira parte o equipo foi claramente de menos a mais.
Como pasa habitualmente na segunda parte o partido foi mais trabado, o equipo que neste caso ía por detrás no marcador sufríu para combinar e crear xogo, e pola contra nos sentímonos mais cómodos.
Roomel dou entrada a Richard que nos creou algún que outro problema en defensa, nunha destas chegadas tivo un remate franco de cabeza que sacou Neo non sabemos moi ben como, supoño que ca axuda do espíritu santo (decímolo pola maneira de boar).
A partir de aquí en varias accións duras Roomel quedouse con dous homes menos e o partido púxose moito mais de cara para nos. O de sempre, non me acordo do número de ocasións, un contra un, que tivemos co porteiro, remates a bocaxarro, ete. Imos ter que falar co contrario e que os metan eles.
En quince días mais ou menos o equipo enteiro vai a ofrecerse o San Andrés, a ver si o pasarnos a vara polo lombo apuntamos un pouco mellor, incrible.......
Mención especial para o señor colexiado, mal, moi mal, para os dous e sobre todo o que parece este ano unha tónica xeral, unha actitude provocadora con xogadores, banquiños e incluso delegados cando van firmar. Habería que decirlle ó señor Bugallo que o reglamento está para aplicalo, non para interpretalo como di el. Sacou tarxetas en ambos lados por cousas irrelevantes, e chegou a pitarnos foras de xogo no noso campo...............................
Pouco a pouco o partido foi morrendo e o fin tres puntos mais.
Notas positivas:
  • Seguimos a estar moi serios en defensa, creo que estamos a ser o equipo menos goleado da categoría ou case. Terceiro partido consecutivo sen encaixar.
  • A dinámica do equipo está a ser moi boa, moito traballo e os resultados están chegando.
  • Noraboa para Primo, que ven de estar un mes parado e este sábado xa se veu mais cómodo no terreo de xogo, anotando ademais o único gol do partido.
Notas negativas:
  • Non podemos perdoar tanto, imos levar un susto. O de onte non é normal e sobre todo certas actitudes a hora de finalizar algunha xogada. Podemos rematar o partido mais cómodos tendo minutos para que todos nos podamos divertir no campo, e estamos sufrindo ata o final.
En resumen, noraboa outra vez pola victoria e noraboa tamén pola actitude de todos no campo e fora del, mais que un equipo xa empezamos a ser unha familia e iso vale mais que todo.
 
Ata o sábado.

domingo, 16 de octubre de 2011

Crónica 5ª Xornada

Tocaba visita a Fieiteira:

Nesta ocasión viaxamos dezasete: José, Pepe, Lagares, Minuco, Diego, Dani, Luis, Urtubi, Pibe, Gago, Roberto, Pose, Roi, Lolo, Primo, Pulga e Susito.
Si si, podédelo creer "Susito", despois de faltar un mes, estivo de vacacións, supoñemos que varias veces..............., o primeiro que fixo foi mandar un balón arriba de unha viña, tivemos que movilizar a medio equipo para recuperalo, perdeu o equipaxe e houbolle que prestar un, en fin ......................Susito.

Para rematar cas asistencias, a verdade e que o partido era demasiado cedo pero nesta ocasión a pesar de ser o desplazamento mais largo que temos a xente portouse e estivemos todos a hora prevista. En canto as ausencias supoño que teremos que volver a falar do asunto proximamente, pero hai algunhas que empezan a preocupar.

Seguimos neste verán tardío que temos e ás catro da tarde podedesvos imaxinar, fixemos boa falla os dezasete que fomos. 
Campo grande, moito calor, rival complicado (como todos), pero nesta ocasión voltamos a sair moi metidos no partido e xa nos primeiros minutos xeramos varias ocasións. Salientar novamente os primeiros quince minutos do pulgiña. E nunha de esas chegadas Roi peleaba ben un balón morto na área e con un toque de clase (ca uña) poñía no marcador o que sería o definitivo "0-1". Durante os primeiros 20 minutos levamos o partido moi ben e como tíñamos por costumbre perdoamos en exceso.
Pouco a pouco fomos perdendo o dominio do partido e cedendo metros, volvemos a caer en conceder moitas faltas a un metro da área, supoño que José nos ten moi mal acostumados a todos. Estas cousas pasaron de ser ailladas a ser xa un problema de costume, en cada partido tirannos 5 ou 6, e é dar moita ventaxa. Diego estase especializando en atropellar rivales, e os árbitros xa nos empezan a coñecer. En fin que outra volta mais José voltou ter un día inspirado e sacou duas ou tres mans salvadoras, porque nos últimos 20 minutos da primeira parte sufrimos abondo.
A pesares diso tamén Susito tivo tempo de fabricar algunha ocasión a base de pelexa, esas ocasións nas que despois de loitar con medio equipo contrario e quedarse solo literalmente na liña de gol, non é quen de empurrala e como diría aquel de Arteixo "se la quitan de los fuciños", en fin Susito.................
A segunda parte desenrolouse bastante mellor para nos, o Mirador de Padín seguía a querer propoñer pero nos estivemos mellor plantados en defensa e concedemos menos. Sufrimos bastante para sacar o balón cun pouco de criterio, porque a verdade e que eles na segunda parte coa intención de chegar arriba deixaron moitos ocos en defensa. No medio campo temos pouca paciencia, buscamos a chegada rápida e combinamos moi pouco. E certo en que hai días que o xogo directo ou a velocidade nos dan mellor resultado, pero tamen é certo que o campo e o rival deste sábado eran propicios para tentar combinar un pouquiño mais, en fin que xa saldrá. Para mais, ós 20 minutos quedaron cun xogador menos por unha fea entrada sen balón. A partir de ahí o xogo do Padín foi mais directo e nos tivemos moitas ocasións de collelos na contra, pero entre os innumerables fora de xogo que nos pitou o árbitro (algúns de eles inexistentes) e as ocasións clarisssssiiiiimas que non aproveitamos, non fomos quen de acadar maior renda.

Como nesto do fútbol xa está todo escrito, perdoamos e perdoamos e na última ocasión do partido o Padín poidonos empatar nun remate franco de cabeza que esta vez se foi fora.

Poderíamos decir que o Budi de sempre, xogando ós poucos, con moi bos momentos, con outros nos que nos vamos do partido, e un equipo ó que lle costa dios e axuda marcar.

Notas positivas: 
  • Que nos enganchamos a gañar, e como isto vai por rachas............
  • Que voltaron xogadores importantes como Primo ou Susito que levámamos un mes sin eles.
  • Que non tivemos lesións, que xa empezaba a preocupar.
  • Que levamos xa dous partidos coa porta a cero, e no anterior o Negreira só nos marcara de penalti. 
Notas negativas:
  • A falta de gol, temos que concretar mais que non sempre imos estar tan finos en defensa.
  • A expulsión do "mister" e este ano xa van dúas, que entrou ó trapo correspondendo airadamente un insulto e o árbitro expulsouno. Creo que ainda que as veces dende o banquiño as cousas tamén se viven con certa tensión, debería de ser o primeiro en dar exempro e correxir o seu comportamento.
 Conclusión: Que ainda que seguimos a ter moitas dificultades para xogar con certa fluidez, empezamos a acadar esa característica que cremos que sempre nos caracterizou, ser un equipo moi difícil de gañar. Esperemos que pouquiño a pouco vaiamos collendo algo de ritmo e mellorando certas cousas, polo menos estas tres victorias consecutivas fannos ver as cousas con outra cara. Noraboa a todos outra vez por tres puntos moi traballados.

domingo, 9 de octubre de 2011

Crónica do Universidade-Don Budi

Poderíase decir "agónica e inmerecida victoria" e seguro que non nos equivocábamos moito. Creo que o londo do partido o Universidade mereceu mais, pero ó igual que nos pasa a nos en moitos partidos, perdoamos e acabámolo pagando.
Seguimos ca plaga de lesións, parecemos o pupas, de seguir así imos ter que botar man dos xuvenís. Esta vez foi Cambón, que viña de meter tres goles a semana pasada e esta durou un cuarto de hora no campo.
En fin que estamos baixo mínimos e iso tamén se nota nos partidos. Este sábado o universidade supo xogarnos e creou varias ocasións claras que non superon finalizar. Ó final os nosos zurdos tomaron as rendas do partido, primerio foi Minuco cunha tremenda volea, pensase que o balón caeu fora da parroquia de San Xoan de Calo, segue aberto o dispisitivo de busqueda. 
Pouco despois foi o Pibe, que a falta de 15 minutos e querendo emular a Minuco colleu outra volea, esta de difícil descripción, supoño que de folla seca facendo honor a época do ano, bueno...........mais ben "rara", e foi o porteiro do Universidade quen nos botou unha man ou as dúas, non sendo quen de agarrar o balón supoñendo ó fin os tres puntos para o noso casilleiro.
Sexamos sinceiros, que marque Gago nada mais estrearse co Budi e estraño, que meta tres goles nun partido Cambón ainda mais, pero que teña que resolver os partidos o Pibe.................................................................., xa o decía "Petaca", este chaval ten madeira de dianteiro.

Deixándonos de coñas, floxo mais ben moi floxo, a ver si ó ir recuperando a xente que está lesionada imos entonando. Costanos moito, xa non marcar senon xogar, pero de todos os xeitos noraboa os que sairon en Calo, sacouse un partido complicado e peleouse. Non foi un partido para recordar pero si que foi un partido para ganar, e ganouse.

A anécdota da xornada unha vez mais protagonizouna o "Pulga", cual profesional desto do fútbol, rompeu as botas case o remate da primeira parte e nun alarde de clase, mandou comprar unhas a Santiago e ó arranque da segunda parte xa estaba de estrea, sin probalas e quedabanlle coma un guante ¡Que clase!, ¡Que non sexa por ferramenta!, se o fin imos ter que rescatar a figura dun utillero, que levamos 4 partidos pero entre espinilleras e botas non ganamos para percances.

martes, 4 de octubre de 2011

Crónica do Don Budi - Negreira

Bos días:

Hoxe xa se fala con outra alegría, costou pero chegou a primeira victoria. O que é o fútbol levamos os mesmos puntos que o ano pasado na terceira xornada.
En fin que tíñamos un partido de urxencias tanto para o Negreira como para nos, esta vez pasou algo fundamental que botábamos en falta, que fomos sempre por diante no marcador. 

Tivemos varias baixas e sen embargo a actitude foi moi boa durante todo o partido, chegaron as ocasións e chegaron os goles que boa falta nos facían.

A nota relevante do día foron os tres goles de Cambón que se estreaba co Budi, e de que maneira, ¿quen quería un dianteiro?..............levou para a casa un balón de "Bob esponja" firmado por todos, se mete outros tres sábado dámolle un de verdade.


Bo partido do equipo en xeral e unha mención especial para "pulgiña", que fixo un moi bo partido, ainda que a el as veces se non ve portería parecelle que non é así. Neste caso o beneficiado foi o equipo.

Noraboa para todos que xa estamos no camiño.